Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación entrega o vindeiro xoves 30 de xaneiro no auditorio da...

A Deputación entrega o vindeiro xoves 30 de xaneiro no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra os Premios Mulleres no Foco

- Anuncio -

O presidente provincial Luis López anuncia que preto dunha quincena de candidatas optan aos tres galardóns cos que a institución e CIMA recoñecen o talento feminino da provincia no sector audiovisual

Están nomeadas Jaione Camborda, Lucía Estévez, Xisela Franco, Natividad Juncal, Andrea Vázquez, Teresa Fernández-Valdés, Uxía Caride, Lidia Fraga, Inés Colmero, Beatriz Legerén, Mayka Braña, María Elva Martínez, María Roja Rodríguez e Carmen Méndez

A gala contará coa actuación musical de Tanxugueiras e a animación da compañía de Pablo Méndez ao inicio

A Deputación de Pontevedra celebra o vindeiro 30 de xaneiro ás 19:30 horas no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra a gala de entrega dos premios Mulleres no Foco, que organiza en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA). “Unha gala na que, imos recoñecer o talento feminino no sector audiovisual a través de tres galardóns valorados en 15.000 € (5.000 € cada un) a tres grandes mulleres da provincia”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

A gala, que será retransmitida por streaming a través de YouTube, estará presentada por As R(H)umorosas, é dicir, Carmen Méndez, Marta Dovieiro e Ledicia Sola que, segundo López, “seguro nos farán rir a esgalla”, e contará coa actuación musical de Tanxugueiras e coa animación da compañía de Pablo Méndez ao inicio.

En total, este ano son 14 as mulleres nomeadas: Jaione Camborda, Lucía Estévez, Xisela Franco, Natividad Juncal, Andrea Vázquez, Teresa Fernández-Valdés, Uxía Caride, Lidia Fraga, Inés Colmero, Beatriz Legerén, Mayka Braña, María Elva Martínez, María Roja Rodríguez e Carmen Méndez. O presidente provincial adiantou que as gañadoras serán desveladas na propia gala e se unirán a nomes como Mariana Carballal, María Vázquez e Beli Martínez (2023); Chelo Loureiro, Paula Cons e Lucía Catoira (2022), e Margarita Ledo, Noemí Chantada e Sonia Méndez (2021).

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Publicacións Relacionadas