Home Pontevedra O BNG reivindicará no Pleno de Vigo o recoñecemento de Castelao como...

O BNG reivindicará no Pleno de Vigo o recoñecemento de Castelao como primeiro presidente da Galiza no seu 75 cabodano

- Anuncio -

A fronte nacionalista traslada unha moción para demandar que o Concello despregue unha ampla programación este 2025, declarado Ano Castelao, arredor da principal figura política e cultural da historia contemporánea galega

Xabier P. Igrexas: “É fundamental divulgar a súa obra e pensamento, que son un exercicio de autoestima colectiva como pobo e nación, fronte aos intentos de manipulación”

O Bloque Nacionalista Galego traslada unha moción ao Pleno de Vigo para o recoñecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galiza no seu 75 cabodano. A fronte nacionalista propón que o Concello despregue unha ampla programación este 2025, declarado Ano Castelao, arredor da principal figura política e cultural da historia contemporánea galega, na sesión plenaria convocada para o vindeiro luns.

“O BNG chamamos a poñer en valor a súa traxectoria vital, marcada por un infatigábel compromiso en favor dos dereitos nacionais do pobo galego, por unha inquebrantábel integridade ética na loita contra todo tipo de discriminacións e desigualdades, e a favor da paz desde unha sempre activa solidariedade internacionalista”, destacou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

A moción do Bloque propón tres grandes acordos á Corporación municipal. En primeiro lugar, que o Pleno reclame á Xunta o recoñecemento de Castelao como primeiro presidente e do Consello de Galiza como primeiro Goberno galego da etapa contemporánea. En segundo, o apoio do Concello á declaración deste 2025 como Ano Castelao. E tamén que o Goberno local poña en marcha un intenso programa de actividades para divulgar a súa obra e pensamento.

Fronte á manipulación da figura de Castelao

“Cómpre poñer relevo a dimensión política de Castelao, o seu compromiso con Galiza, a súa obra artística e literaria, así como o seu humanismo e internacionalismo solidario”, defendeu o portavoz municipal do BNG, quen considerou “fundamental” reivindicar o Castelao real fronte á “tentación do españolismo e mesmo do autonomismo de manipular e esvaciar a súa figura de toda a súa significación política e social”.

Dende a fronte nacionalista chamaron a ser fieis ao pensamento e compromiso político de Castelao como elementos “indisolúbeis” da súa figura, como símbolo do nacionalismo galego e verdadeiro Pai da Patria Galega. “O mellor antídoto fronte a manipulación de Castelao é, pois, contrapormos de maneira desacomplexada o Castelao que dedicou a súa vida enteira a promover a plena liberación nacional do noso pobo”, salientou Igrexas.

Por estes motivos, o Bloque anima a divulgar de forma masiva a súa obra como “un exercicio de autoestima colectiva como pobo e nación” contra os intentos de negar o seu legado. “A visión manipulada que instalou o franquismo tras a súa morte, desprovista de ideoloxía para utilizalo como estandarte en contra dos ideais que defendeu, constitúe unha fraude histórica que debemos corrixir”, defendeu o voceiro municipal do BNG.

“Todo o que fixo e dixo Castelao ao longo da súa vida, e en todos os lugares do mundo nos que estivo, foi esencialmente política ao servizo da nación e do pobo galego, polo que merece do maior recoñecemento tamén na maior cidade galega como primeiro presidente de Galiza, un demócrata íntegro e exemplar”, remachou Igrexas.

Relacionadas

O BNG reclama políticas de reactivación industrial da Xunta en Vigo ante a continua...

0
A fronte nacionalista alerta da crise industrial que atravesa a cidade con 1.800 postos de traballo menos en actividades do sector no último ano,...

Ramón Villares inaugura en Redondela o Ano Castelao

0
O Concello de Redondela abriu onte as actividades para conmemorar o Ano Castelao cunha charla do catedrático de Historia Ramón Villares na que participou...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia...

0
A vicepresidenta primeira e responsable das áreas de Economía e Impulso ao Emprego da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao almorzo coloquio...

O Concello de Soutomaior impulsa a terceira edición do programa ‘Enredadas’ de ...

0
A risoterapia, clases de zumba, de pilates, obradoiros de arte floral e a alimentación saudable, serán as protagonistas desta nova edición de Enredadas. Actividades,...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata O Grove para informar...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Luis López tende a man da Deputación para colaborar na seguridade cidadá nunha reunión...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co novo coronel xefe da Comandancia da Garda Civil...

Publicacións Relacionadas