Home Pontevedra Soutomaior prepara o proxecto de desenvolvemento do seu Ecoparque Empresarial

Soutomaior prepara o proxecto de desenvolvemento do seu Ecoparque Empresarial

- Anuncio -

O Goberno local traballa desde hai máis dun ano co oxectivo de que o Ecoparque Empresarial da Montesiña sexa unha realidade canto antes, o que impulsará o crecemento das empresas locais e a chegada de novas empresas.

O Goberno de Soutomaior segue dando pasos importantes de cara á construción do Ecoparque Empresarial da Montesiña, un ambicioso proxecto que suporá un antes e un despois a nivel económico e social e para o noso concello. Así, o Goberno local licitará nas vindeiras semanas a redacción do proxecto de desenvolvemento do Ecoparque Empresarial por un custe aproximado de 80.000 euros, un movemento imprescindible para que o Ecoparque Empresarial sexa unha realidade canto antes.

O obxectivo do Goberno de Soutomaior con este Ecoparque Empresarial é que se ofrezan naves para que tanto as empresas locais poidan seguir crecendo como empresas foráneas poidan instalarse no noso concello. Para isto, todo o recinto do Ecoparque da Montesiña contará con diferentes infraestruturas que faciliten a instalación das empresas, o que o convertirá nun polo de dinamización económica que, a súa vez, vertebrará as dúas parroquias de Soutomaior, xa que se atopa no punto medio entre ambas as dúas.

Tras máis dun ano de traballo por parte do Goberno de Soutomaior para a construción do Ecoparque Empresarial da Montesiña, entramos agora nunha nova e crucial fase para que o noso concello poida desenvolvelo e construílo. Para levar a súa construción a cabo, seguirase o procedemento de desenvolvemento por cooperación coas diferentes persoas propietarias dos terreos. Isto permitirá que parcelas que na actualidade teñen catalogación agraria poidan transformarse en dereitos de construción de naves empresariais.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “para o Goberno de Soutomaior esta é unha actuación estratéxica. Temos claro que o futuro de Soutomaior pasa por dinamizar a economía local e atraer empresas e por iso non escatimaremos esforzos en que o noso concello poida ter un Ecoparque Empresarial respectuoso co medioambiente, dinámico e atractivo para as empresas”.
“En Soutomaior temos todo o necesario para que as empresas se asenten e crezan no noso concello: un forte dinamismo social, unha gran ubicación con comunicacións fluídas e o propio carácter emprendedor do noso tecido empresarial local. Desde o Goberno de Soutomaior temos o compromiso de poñer a disposición de todo este potencial as ferramentas necesarias para que os diferentes sectores económicos do noso concello e aqueles que se queiran implantar en Soutomaior atopen aquí o lugar de crecemento e desenvolvemento económico que queremos ser”, concluíu o alcalde.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas