Home Pontevedra Barro A Deputación aluga por 40.000 euros anuais unha nova parcela do polígono...

A Deputación aluga por 40.000 euros anuais unha nova parcela do polígono de Barro, que conta xa cunha ocupación próxima ao 80%

- Anuncio -

Bespi Inversiones ocupará un espazo próximo aos 7.000 m2 e, con ela son xa 27 as empresas presentes no polígono industrial

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o aluguer duna das parcelas do polígono industrial de Outeda-Curro, en Barro, de preto de 7.000 m2 que ocupará a empresa Bespi Inversiones por algo máis de 40.000 euros anuais, o que leva ao espazo empresarial a unha ocupación próxima ao 80%. Como explicou o presidente provincial, Luis López, trátase dun aluguer con dereito a compra, un dereito que a empresa poderá exercitar nos próximos cinco anos.

Con esta empresa xa son 27  as que están presentes no polígono de Barro, que ten na actualidade un total de 14 parcelas libres, cunha superficie total de 51.120 metros cadrados dos 264.576 cos que conta de superficie para actividade empresarial.

Algunhas das empresas presentes neste polígono son: Froiz, Hijos de Rivera, Mafari, Frutas Moncho, Mariscos Alumar ou Transfrío. Ademais, a Deputación ten instalado en Barro o Viveiro de Empresas, o Centro de Apoio Empresarial e o novo Parque de Maquinaria. “Barro segue avanzando desta maneira como un auténtico pulmón de emprego e actividade para toda a provincia e especialmente para a contorna de Pontevedra, que necesita apoio e consideración cara os emprendedores”, confirmou o presidente provincial.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Publicacións Relacionadas