Home Xunta de Galicia A Xunta destinará 3,27 M€ ás obras para reducir nun 62% o...

A Xunta destinará 3,27 M€ ás obras para reducir nun 62% o consumo enerxético de fontes non renovables do edificio da Consellería de Medio Ambiente

- Anuncio -

— Cun prazo de execución dun ano, Ángeles Vázquez explica que a intervención se centrará na renovación da envolvente térmica e na optimización da eficiencia enerxética da edificación para garantir unha mellora “visual, ambiental e de confort”

— Subliña que as administracións “deben dar exemplo” e que con esta remodelación do edificio administrativo se segue avanzando cara a unha Xunta neutra en emisións

A Xunta de Galicia dedicará un investimento de 3,27 millóns de euros á execución das obras de mellora e remodelación do edificio administrativo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en San Lázaro, unha intervención integral tanto no interior como no exterior coa que se pretende conseguir un notable aforro enerxético, cunha redución estimada en case o 62% dos consumos actuais de enerxía primaria non renovable.
Con motivo do inicio oficial das obras, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe na presentación do proxecto, cuxa execución terá unha duración estimada dun ano e se financiará con fondos europeos do programa NextGeneration a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Acompañada polo director da obra e outros técnicos da empresa encargada de executar os traballos, a responsable autonómica explicou que entre as actuacións previstas figura a renovación da envolvente térmica así como varias melloras que incidirán na eficiencia enerxética do edificio e permitirán reducir de forma notable o recurso a fontes de enerxía non renovables sen renunciar á calidade nin á comodidade.
A obra, ademais, buscará compatibilizar, por unha banda, a singularidade e características da edificación orixinal e, por outra, lograr unha modernización e adaptación das instalacións para cubrir as esixencias e necesidades medioambientais e climáticas no presente e, sobre todo, de cara ao futuro.
De feito, Ángeles Vázquez incidiu en que as actuacións previstas no proxecto conseguirán unha “mellora visual, medioambiental e de confort” no conxunto dunhas instalacións que, tal e como recordou, levan máis de 20 anos ao servizo da Administración autonómica.
Así mesmo, subliñou que as administracións públicas “deben dar exemplo” e por iso o obxectivo é que a sede administrativa da Consellería se converta nun modelo construtivo e arquitectónico sostible e de adaptación aos retos do cambio climático, sen renunciar ao confort e á comodidade dos seus usuarios.
Neste sentido, e tras lembrar a remodelación acometida xa no edificio administrativo de San Caetano, a conselleira asegurou que coa intervención prevista en San Lázaro, a Xunta segue dando pasos cara á neutralidade climática, un obxectivo que Galicia aspira a acadar no ano 2040 e que se incluirá como tal na futura Lei do clima, que o seu departamento prevé remitir ao Parlamento no segundo semestre deste ano.

Relacionadas

A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña...

0
― O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña ― Continúa activa...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola...

0
Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades...

0
― O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda...

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da...

0
― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

Publicacións Relacionadas