Home Pontevedra A Lama A Deputación aproba achegas por valor 180.000 euros para que Arbo e...

A Deputación aproba achegas por valor 180.000 euros para que Arbo e A Lama realicen melloras en equipamentos deportivos

- Anuncio -

Recibirán arredor de 90.000 euros cada un, A Lama para financiar as obras de mellora dos vestiarios do pavillón municipal, e Arbo para poder acometer o proxecto de mellora do pavillón polideportivo municipal de Chan

Trátanse de recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, co que “continuamos modernizando os equipamentos deportivos do conxunto da provincia como nunca antes se fixera”, remarcou o presidente

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por valor 180.000 euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que os concellos da Lama e Arbo acometan melloras nos seus equipamentos deportivos. O presidente da institución provincial, Luis López, detallou que A Lama recibirá 90.000 euros para financiar as obras de mellora dos vestiarios do pavillón municipal, e Arbo outros 90.000 euros para poder acometer o proxecto de mellora do pavillón polideportivo municipal de Chan. “Cos 8 millóns de euros deste plan, o dobre que na pasada edición, continuamos modernizando os equipamentos deportivos do conxunto da provincia como nunca antes se fixera”, asegurou López.

En concreto, 90.800 euros que recibirá A Lama permitiranlle reorganizar os espazos existentes na actualidade no pavillón, co fin de crear una nova sala polivalente para a práctica do fitness. Para iso converteranse os catro vestiarios existentes na actualidade, que comparten zona de duchas cada dous deles, en dous vestiarios completamente independentes coa súa respectiva zona de duchas.

Por outra banda, Arbo contará con 91.600 euros para mellorar as condicións actuais do edificio do pavillón polideportivo de Chan por medio da súa modernización e mellora, pero tamén dotándoo de novos elementos e Comodidades. Así, entre as actuacións contémplase dotar de novos pavimentos a diferentes zonas do edificio, dun novo marcador electrónico na pista e  no campo de fútbol municipal ou se mellorarán os vestiarios, entre outros.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

Luis Menor anuncia á presidenta da FEMP que Massanassa será o municipio de Valencia...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse en Fitur con María José García-Pelayo, para informarlle da acción piloto que poñerá en marcha a Deputación de...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Publicacións Relacionadas