Home Pontevedra Redondela celebra o “Ano Castelao” con conferencias, homenaxes e teatro

Redondela celebra o “Ano Castelao” con conferencias, homenaxes e teatro

- Anuncio -

– O primeiro acto será o mércores 29 de xaneiro. Baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” , o catedrático de Historia Ramón Villares falará sobre a orixe e o papel de Castelao nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. A cita será na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, ás 19.30 horas.

– Nos vindeiros meses desde o Servizo de Normalización Lingüistica organizaranse actos “para poñer en valor o relevante papel de Castelao como político, intelectual, escritor e debuxante”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Galicia celebra este 2025 o Ano Castelao, co gallo do 75º aniversario do seu pasamento. O Concello de Redondela súmase a esta conmemoración coa organización dunha serie de actividades que terán lugar ao longo dos vindeiros meses. Desde o Servizo de Normalización Lingüistica, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, organizaranse actos “para poñer en valor o relevante papel de Castelao como político, intelectual, escritor e debuxante”, explica a rexedora.

Un dos primeiros actos organizados por un Concello no país é a conferencia que se celebrará o vindeiro 29 de xaneiro en Redondela. Baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” , o catedrático de Historia Ramón Villares falará sobre a orixe e o papel de Castelao nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. Rivas sinala “a relevancia que ten para este municipio que unha figura como Villares, un dos historiadores e intelectuais máis relevantes de Galicia, participe en Redondela nesta charla sobre Castelao”. Nun formato de entrevista, Villares tratará o que foi o Goberno galego no exilio. A cita será na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, ás 19.30 horas.

En febreiro estará en Redondela o escritor e profesor Emilio Ínsua, para falar sobre a relación de Antón Villar Ponte e Castelao, das Irmandades da Fala ao Partido Galeguista. Será o 21 de  febreiro. O 23 de marzo temos unha peza de teatro infantil titulada “Castelao”, de Culturactiva Producións, no Multiúsos da Xunqueira. En abril, o día 3, celebrarase a conferencia de Diana Vilas sobre “O álbum dos nenos de Castelao”. Nesta charla a escritora e investigadora fará unha aproximación á representación que fai Castelao da infancia. O 30 de maio temos a conferencia de Iria Friné sobre “A cartelaría do Estatuto do 36. Castelao”.

No mes de xuño, o día 4, o Concello colaborará co CEIP Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela), na celebración do aniversario de Alexandre Bóveda, coa participación das fundacións Castelao e Bóveda. Tamén se celebrará un acto de homenaxe ao redor das orixes da escultura de Castelao que preside a alameda. A estatua erixiuse en Redondela en 1987 por suscrición popular, e foi a primeira de corpo enteiro do insigne galeguista.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

0
En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI....

Publicacións Relacionadas