Home Vigo Mos O Concello de Mos abre un Centro de Capacitación Dixital para ofrecer...

O Concello de Mos abre un Centro de Capacitación Dixital para ofrecer formación en competencias tecnolóxicas.

- Anuncio -

Atopase aberto o prazo de inscripción nos diferentes cursos con prazas limitadas.

Trátase dunha actuación financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e deportes e pola Unión europea a través dos fondos Next Generation.

O edificio da Axencia de Colocación de Mos, situado na Avenida de Peinador nº 38, ten previsto iniciar unha nova iniciativa formativa para ofrecer novas oportunidades profesionais á cidadanía mosense. Trátase do Centro de Capacitación do Concello de Mos, e virá a complementar as actividades formativas tanto en Marketing coma en Carpintería e outras disciplinas que xa se levan a cabo neste centro municipal.

O obxectivo é achegar á cidadanía a posibilidade de formarse en competencias dixitais transversais, ofrecendo oportunidades de formación facilitando deste xeito o acceso á formación compatible coas obrigacións derivadas das distintas condicións persoais, laborais e sociais do alumnado.

Esta iniciativa comprende, inicialmente, actividades dirixidas especialmente á realización de comunicacións e transaccións seguras por medio de dispositivos electrónicos, a chamada “primeira alfabetización dixital”, coa previsión de progresar avanzando nunha formación máis complexa na que se inclúan aspectos de maior especialización como programación e robótica.

O período de inscrición está aberto cun número de prazas limitadas, polo que as persoas interesadas poden enviar a súa inscrición ou solicitar información a través do correo electrónico empleo@concellomos.es, ou no teléfono 986 487 786, indicando o curso desexado e a preferencia de datas. Neste sentido existirá unha programación mensual para a realización dos cursos tanto en queda de mañá coma de tarde, dirixido a todo tipo de público, tanto en paro coma en activo, que teña o interése en mellorar e actualizar os seus coñecementos sobre as novas ferramentas dixitais.

Cada curso ten un total de 30 horas lectivas de marcado carácter práctico cun programa formativo que se corresponde cos contidos das competencias do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales (SNCFP), o que permitirá ao alumnado a súa acreditación oficial no mesmo.

As accións formativas se distribuirán en unidades de formación de 7,5 horas:

Módulo 0. Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais: Coñecer as aplicación de Intelixencia artificial, Big Data, 5G, robótica colaborativa, Blockchain, Ciberseguridade, realidade virtual, economía circular, 4ª Revolución Industrial, entre outras.

Módulo 1. Información e alfabetización dixital: Xestión de correo electrónico, Google Calendar, marcadores sociais, buscadores, introdución á Big Data, Intelixencia artificial (aplicación, ramas, perigos).

Módulo 2. Comunicación e colaboración: Identificar medios de comunicación sinxelos e apropiados para un contexto determinado, recoñecer tecnoloxías dixitais, blogs, Redes sociais: FB, IG, You Tube. Teams, Skype, Slack, Ework. Netiquette. etc.

Módulo 3. Creación de contidos dixitais: Office 365, Imaxe, video e audio; Zoom, presentación online, opcións de gravación, pensamento computacional; realidade aumentada e Impresión 3 D.

Módulo 4. Seguridade na Rede: Seguridade en terminais móviles, cómo protexer a rede. Ciberataques, Blockchain. Identidade dixital.

Módulo 5. Resolución de problemas: Aplicacións de xestión de equipos en remoto (Evernote, Basecamp, …). Introdución ás metodoloxías áxiles: Manifesto Agile. Introducción SCRUM. Xestión do entorno VUCA.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

0
En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI....

Publicacións Relacionadas