Home Pontevedra Caldas A Zona Franca e o Concello de Caldas presentarán en dous meses...

A Zona Franca e o Concello de Caldas presentarán en dous meses o estudo de viabilidade do polígono industrial de Paradela-Carracedo

- Anuncio -

O delegado David Regades e o alcalde Jacobo Pérez tamén repasaron a situación do Polígono Veigas de Xantar e o de Pousadoiro, que Caldas comparte con Vilagarcía

O Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello de Caldas de Reis confirmaron hoxe que nun prazo de dous meses presentarán o estudo de viabilidade do Polígono Industrial de Paradela-Carracedo, a fin de analizar as posibilidades existentes para o seu desenvolvemento.
Foi o tema central da reunión de traballo que o delegado do Estado, David Regades, e o alcalde e o alcalde Caldas, Jacobo Pérez, mantiveron hoxe na sede do Consorcio, na que tamén repasaron a situación de Veigas de Xantar e a do Polígono de Pousadoiro, e na que ambos os mandatarios deixaron clara a súa intención de seguir impulsando chan industrial para dar resposta á demanda do tecido empresarial da comarca.
David Regades sinalou que “Caldas ten o compromiso de Zona Franca de contribuír e colaborar na xeración de riqueza e a creación de emprego”. “Falamos dun concello da provincia con moitísima puxanza, dixo o delegado do Estado, e que historicamente conta cun sector industrial moi forte”.
Pola súa banda, Jacobo Pérez, agradeceu a colaboración do Consorcio para impulsar o desenvolvemento de Caldas. Reitero que “desde o Concello imos tentar avanzar en todos os polígonos e zonas industriais da localidade para lograr un maior e mellor asentamento das empresas e impulsar emprego con mellores condicións laborais”.
En Paradela-Carracedo, o ámbito de desenvolvemento é de 862.056 metros cadrados, situado nunha zona estratéxica, con fácil acceso ás infraestruturas viarias como a AP9, e cunha boa acollida das empresas da comarca que xa expresaron o seu interese no desenvolvemento deste ámbito. De feito, David Regades e Jacobo Pérez adiantaron que, unha vez finalizado o estudo de viabilidade, convocarase un encontro co tecido empresarial da zona para que o coñeza.
No caso do Polígono de Veigas de Xantar, analizarase a situación e desde o Concello traballarase para avanzar no Plan de Infraestruturas e Dotacións en colaboración co resto das administracións.
Finalmente, sobre a ampliación de Pousadoiro que Caldas comparte con Vilagarcía, xa se está ultimando a redacción do convenio que poderá asinarse entre os dous concellos e a Zona Franca no primeiro trimestre deste ano, coa finalidade de poder desenvolver este novo ámbito a través dun instrumento de ordenación do territorio.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

0
En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI....

Publicacións Relacionadas