Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación, a través do Inorde, alíase con Renfe para promover o...

A Deputación, a través do Inorde, alíase con Renfe para promover o turismo e as viaxes de negocios en Ourense

- Anuncio -

Esta alianza foi asinada en Fitur por parte do presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; e polo director da Área de Negocio de Alta Velocidade e Outros Servizos Comerciais de Renfe, Javier Pérez López

Este acordo, suscrito a través do Inorde, inclúe descontos do 10% en billetes AVE e Longa Distancia

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde) e Renfe, veñen de subscribir un acordo de colaboración para fomentar de forma conxunta o turismo na provincia de Ourense e os desprazamentos en tren como medio de transporte seguro e sostible. Esta alianza foi asinada en Fitur por parte do presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; e polo director da Área de Negocio de Alta Velocidade e Outros Servizos Comerciais de Renfe, Javier Pérez López.

Con este acordo, ambas entidades colaboran na promoción de Ourense como destino turístico e de negocios. A compañía Renfe ofrecerá un 10% de desconto sobre a tarifa no momento da compra aos asistentes e expositores das actividades que se leven a cabo para promocionar o turismo de congresos, convencións e aqueles outros eventos que celebre ou organice a Deputación a través do Inorde. Renfe tamén ofrecerá o mesmo desconto sobre o prezo de referencia a todo viaxeiro que contrate escapadas temáticas ou de turismo MICE (Meetings, Incentivos, Convencións, Eventos e Congresos) a través das empresas designadas polo Consorcio.

Por último, este acordo tamén facilitará a realización de viaxes en grupo en tren, así como a posibilidade de promover paquetes vacacionais que inclúan os trens de Longa Distancia de Renfe e outros servizos de aloxamento, ocio e cultura.

Relacionadas

A Deputación desenvolverá co Sergas un programa piloto de prescrición cultural no Museo de...

0
O vicepresidente Rafa Domínguez e o xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores, asinaron un convenio de colaboración para esta iniciativa, que busca...

A Deputación activa os recursos para que os concellos promovan a igualdade e loiten...

0
A institución provincial publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria, que mobilizará un total de 260.000 euros entre os...

A Deputación licita a reparación do último tramo da estrada San Sadurniño – O...

0
A prensa escrita deste sábado fíxose eco a pé de páxina do anuncio da Deputación provincial da Coruña conforme saen a contratación pública os...

A Deputación abre mañá, martes 28 de xaneiro, o prazo de solicitudes para o...

0
Toda a información desta iniciativa termal provincial poderase consultar en www.termalismourense.com e en 4 liñas telefónicas específicas: 988317760, 988317766, 988317770 e 988317762, en horario...

Os deputados ourensáns do PP comezan 2025 demandando no Congreso respostas ao Goberno de...

0
• Reclaman ao MITMA a licitación das obras do tramo Quintela- A Casa • Demandan, a aprobación do proxecto de construción do tramo A Casa-...

A Deputación aproba as bases das subvencións a deportistas individuais

0
Esta convocatoria está dotada con 40.000 euros (cun máximo de 3.000 euros por solicitante) e o 28 de febreiro será o derradeiro día para...

Publicacións Relacionadas