O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga.
O primeiro vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que neste obradoiro de acollemento lingüístico entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase a partir do 4 de febreiro nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.
As persoas interesadas poden inscribirse enviando a snl@carballo.gal un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).
Tamén repetimos os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para os cales tamén está aberto o prazo de matrícula. Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse tamén nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 6 de febreiro. As persoas interesadas pódense inscribir e/ou solicitar máis información mandando un correo electrónico co nome e apelidos e número de teléfono a snl@carballo.gal.