Home A Coruña Abegondo reabriu hoxe o centro social de Viós tras a renovación realizada

Abegondo reabriu hoxe o centro social de Viós tras a renovación realizada

- Anuncio -

· Ao acto de apertura acudiu o alcalde, José Antonio Santiso, xunto a numerosos veciños da parroquia, e membros do goberno local.

· A actuación supuxo un investimento de 78.216,9 euros. Os fondos procederon das arcas municipais e do financiamento proporcionado polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.


O Concello de Abegondo estrea o centro social de Viós tras as obras de renovación acometidas nos últimos meses. O proxecto supuxo unha notable mellora nas instalacións tanto no exterior como no interior para ofrecer un servizo óptimo aos usuarios.

O acto de reapertura do centro social tivo lugar no mediodía de hoxe sábado. Acudiu o alcalde, José Antonio Santiso, xunto a numerosos veciños da parroquia, e membros do goberno local.

A actuación supuxo un investimento de 78.216,9 euros. Os fondos procederon das arcas municipais e do financiamento proporcionado polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Coas obras realizouse unha renovación completa da fachada, agora equipada cun sistema de illamento que prevén a aparición de humidades e mellora a eficiencia enerxética do edificio. Ademais, renováronse tanto os canlóns como as xuntas das xanelas, logrando así unha maior protección fronte ás inclemencias do tempo e prolongando a durabilidade da infraestrutura.

No interior do centro social levaron a cabo traballos de pintado, o cambio de portas, a substitución das persianas por estores, a instalación dun novo chan de plaqueta, e a mellora do equipamento da cociña cun extractor de fumes. Así mesmo, o Concello instalou falsos teitos e remates de PVC en todas as xanelas.

Tamén se mellorou a eficiencia enerxética coa colocación de sete focos LED no interior, un foco adicional na entrada con sensor de movemento e cinco luminarias perimetrais.

O Concello tamén construíu un espazo de almacenamento no patio traseiro do recinto, que permitirá aumentar a funcionalidade do centro social e mellorar as súas prestacións para os residentes.

“Hoxe é un gran día para Viós porque dispoñedes dun local que parece novo e que é voso”, expresou Santiso, que destacou que as obras responderon á idea formulada polos residentes. O alcalde cualificou á rede de centro sociais como “imprescindible e estrutural en Abegondo” e por iso as actuacións de mellora nalgunha das dependencias sucédese cada ano.

Relacionadas

O Pleno municipal aprobará a participación do Concello no POS+2025 da Deputación Provincial e...

0
O plenario municipal aprobará o vindeiro xoves 30 de xaneiro a participación do Concello de Oleiros no Pan provincial de cooperación ás obras e...

Oleiros vai de museo: visita á exposición “Luis Seoane Identidade, memoria histórica e movemento...

0
O vindeiro 14 de febreiro ás 18:00h, o Concello de Oleiros ten prevista unha visita guiada á exposición Luis Seoane Identidade, memoria histórica e...

Concerto de Colectivo Zafra o sábado na Fábrica

0
O XII Ciclo de Voces cálidas para noites de inverno chega este sábado a Oleiros cun concerto de jazz de Colectivo Zafra, no centro...

Preto de 200 persoas participaron na terceira edición da Zumba Class Solidaria, celebrada no...

0
Preto de 200 persoas déronse cita este sábado pola tarde no pavillón municipal do Forte de Boqueixón para participaren nunha Zumba Class Solidaria, unha...

Aberto o prazo de inscrición no “Campionato de BTT resistencia Cidade de Narón”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Samuel Bustabad, presidente do Club Ciclista Narón, a cuarta edición do “Campionato de BTT...

O Concello denuncia de xeito público a inacción da empresa telefónica para retirar un...

0
 A institución municipal solicita desde hai meses a intervención da entidade competente e, ante a súa inacción, agora eleva esta queixa pública ante...

Publicacións Relacionadas