Home O Morrazo Marín O BNG denuncia o fracaso e o custo inxustificado do aparcadoiro disuasorio...

O BNG denuncia o fracaso e o custo inxustificado do aparcadoiro disuasorio de O Campo

- Anuncio -

O Grupo Municipal do BNG alerta sobre a falta de utilidade do aparcadoiro disuasorio de O Campo e critica o custo inxustificado que supón para os recursos municipais, desviando fondos de necesidades máis prioritarias para a veciñanza

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) quere trasladar a súa preocupación pola situación do aparcadoiro disuasorio de O Campo, unha infraestrutura que, a pesar de estar operativa desde o verán de 2024, non está a cumprir o seu obxectivo de mellorar a mobilidade en Marín. Lonxe de ser útil, este espazo permanece practicamente sen uso e, ademais, representa unha carga económica para o Concello.

No pleno municipal do 9 de xaneiro de 2025, o Grupo Municipal do BNG destacou que o convenio remitido pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o 24 de outubro de 2024 asigna ao Concello de Marín a titularidade do aparcadoiro. Segundo dito convenio, o Concello debe asumir os custos de explotación, mantemento e conservación sen ningún tipo de achega económica adicional, cunha vixencia inicial ata o 31 de decembro de 2025, prorrogable por catro anos máis.

“É inxustificable que o Concello teña que asumir unha infraestrutura que non cumpre co seu obxectivo inicial e que, en lugar de mellorar a mobilidade, converteuse nunha carga económica para os recursos municipais”, declarou o Grupo Municipal. “A veciñanza non precisa infraestruturas baleiras de uso, senón investimentos que respondan ás súas necesidades reais e que melloren a súa calidade de vida”, engadiron.

A pesar do financiamento inicial a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea (UE) Next Generation, o aparcadoiro de O Campo non está a cumprir a súa función, o que evidencia unha falta de planificación e unha mala xestión dos recursos públicos.

Dende o BNG consideramos inadmisible que unha infraestrutura destas características supoña custos para o Concello, desviando recursos que poderían destinarse a necesidades máis prioritarias da cidadanía. Marín merece proxectos eficaces, transparentes e ben planificados, e non infraestruturas que se converten en problemas económicos.

Relacionadas

O concello de Bueu aprobou nun pleno extraordinario o recoñecemento extraxudicial de créditos e...

0
A corporación municipal do Concello de Bueu celebrou este xoves, 30 de xaneiro, un pleno extraordinario no que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de...

Oito alumnos de albanelería e o experto docente acondicionan unha vivenda municipal na estación...

0
O alcalde Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil, María del Carmen Vidal, comprobaron o avance dos traballos que levan a...

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Publicacións Relacionadas