Home Xunta de Galicia A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros...

A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros nunha poxa pública de madeira en Pontevedra

- Anuncio -
  • Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis dado que está a ser un produto moi demandado no mercado
  • Cómpre destacar que 21 lotes contan con certificación forestal sostible PEFC e cinco teñen ademais certificación FSC, os dous sistemas de certificación más implantados a nivel mundial

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, adxudicou 27 lotes de madeira por un total de 1.048.037,62 euros nunha poxa pública celebrada en Pontevedra. Ademais destes lotes, outros dous quedaron desertos e serán alleados en próximos procedementos.

Case todos os lotes pertencen a comunidades de montes veciñais en man común que teñen convenios ou consorcios de xestión forestal coa Consellería do Medio Rural. En total, suman 28.000 metros cúbicos de madeira verde que foi vendida baixo as modalidades de alleamento de risco e ventura e a resultas de liquidación final.

Os importes acadados na poxa confirman unha vez máis os altos prezos da madeira de coníferas, chegando aos máximos na madeira baixo certificación da xestión forestal sostible realizada polo persoal da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Así, enmárcanse nunha dinámica de estabilidade desta materia prima sendo previsible que se manteña no futuro, pois a madeira de coníferas está a ser moi demandada no mercado.

Cómpre destacar que 21 lotes teñen a certificación de xestión forestal sostible PEFC e outros cinco teñen a dobre certificación PEFC e FSC. Isto significa que cumpren, polo menos, cos requisitos dun dos dous sistemas de certificación máis comúns a nivel mundial. Ademais, as empresas que opten aos lotes certificados deben ter tamén un certificado de cadea de custodia, que garante a trazabilidade da madeira. Esta certificación forestal sostible garante que a xestión dos bosques de onde procede a madeira é respectuosa co medio ambiente, e que cumpre outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais.

Plataforma de consulta

Ao igual que en poxas electrónicas anteriores, os licitadores realizaron os trámites de forma telemática, dende a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Tamén puideron seguir todo o proceso a través dunha sala virtual creada para tal fin.

A plataforma, desenvolvida pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), permite consultar os lotes de alleamento e obter información das súas características a través dun visor web cartográfico creado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET). A maiores, permite facer consultas ou buscas por múltiples campos, exportar en formato PDF os planos e mesmo descargar os límites dos lotes en dispositivos móbiles para localizar facilmente as superficies arboradas que son obxecto das poxas públicas.

Por último, os licitadores poden presentar directamente as súas ofertas económicas na Sede electrónica da Xunta de Galicia, apoiándose nun videotitorial elaborado para este fin. Toda a información relacionada coas poxas de madeira pode consultarse na web da Consellería do Medio Rural.

Relacionadas

A Xunta lembra aos taxistas que poden solictar as axudas para a adquisición de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que o Goberno galego vén de publicar as axudas deste ano por importe de...

A Xunta convoca con case 2,3 M€ as axudas de 2025 para impulsar a...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e estes apoios destinados ao fomento da prevención de riscos laborais e a actividades neste eido, que...

A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña...

0
― O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña ― Continúa activa...

Portos de Galicia exime ao concello de Poio do pago das taxas pola escola...

0
Portos de Galicia aprobou a exención de taxas ao Concello de Poio pola ocupación do edificio e as instalacións da escola de remo de...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades...

0
― O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda...

Publicacións Relacionadas