Home Pontevedra Baixo Miño A Deputación levará este domingo a máis de 120 persoas da provincia...

A Deputación levará este domingo a máis de 120 persoas da provincia a desfrutar do programa de termalismo +Benestar

- Anuncio -

Son veciños e veciñas de 25 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, en Mondariz-Balneario

Máis de 120 persoas de 25 concellos da provincia desfrutarán esta semana do programa termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar con estadías no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, en Mondariz-Balneario. En concreto, son persoas dos concellos de Baiona, Cangas, A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, Lalín, Marín, Meaño, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

En concreto, ata 38 persoas de Cangas, A Cañiza, A Estrada, Gondomar, Mos, Pontevedra, O Porriño, Portas, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño, Vigo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa desfrutarán de +Benestar no Gran Talaso Hotel Sanxenxo, e outras 84 de Baiona, Cangas, Cuntis, Gondomar, O Grove, Lalín, Marín, Meaño, Nigrán, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, O Rosal, Sanxenxo, Tui, Vigo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa farano no Balneario de Mondariz.

No marco do programa de termalismo +Benestar serán preto de 2.200 as persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia as que desfruten de estancias de seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

O organismo provincial subvenciona un total de 2.097 das prazas, que son de réxime xeral, con 100 €, e outras 30, de réxime especial, están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Relacionadas

O Concello de Ponteareas acondiciona novos espazos no conservatorio municipal para dar un mellor...

0
O Concello de Ponteareas realiza obras no  conservatorio municipal para crear un novo espazo de administración e atención ás  familias máis visible e cercano....

O Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e a comunidade...

0
Na xornada de onte o Real Club Celta e a comunidade de Montes de Tameiga facían público un acordo que pon fin a anos...

A Deputación desenvolverá co Sergas un programa piloto de prescrición cultural no Museo de...

0
O vicepresidente Rafa Domínguez e o xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores, asinaron un convenio de colaboración para esta iniciativa, que busca...

A Deputación activa os recursos para que os concellos promovan a igualdade e loiten...

0
A institución provincial publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria, que mobilizará un total de 260.000 euros entre os...

O Porriño avanza na Modificación do PXOM para adaptar as aliñacións da Avenida Domingo...

0
Esta modificación permitirá resolver as incoherencias entre o planeamento e a realidade consolidada, asegurando a orde e a seguridade xurídica para os veciños e...

BNG urxe arranxar os dous viais que dan acceso a Requián

0
Xoán Reices:  “A situación dos dous viais é xa intransitábel; tanto o que vai desde Frades como o que vai desde Santa Mariña de...

Publicacións Relacionadas