Home Pontevedra Arrancan os cursos para maiores “Redondela Vital” e “Redondela en forma”

Arrancan os cursos para maiores “Redondela Vital” e “Redondela en forma”

- Anuncio -
  • Estas actividades, que son de balde, están organizadas pola concellería de Maiores e impartiranse en 16 emprazamentos diferentes do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas, incide na importancia de as clases se impartan non só nos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, senón tamén nas demais parroquias “para que todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos sen ter que desprazarse”.
  • A concelleira, Iria Vilaboa, explica que o programa ten como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”. As actividades son “un éxito” e o número de participantes increméntase cada ano. A valoración dos participantes é “moi boa, xa que non só melloran a nivel físico e mental, senón tamén nas súas relacións sociais”.

No mes de febreiro comezan os programas para maiores de 55 anos “Redondela Vital” e “Redondela en forma” con clases de Memoria e Tai Chi. Estas actividades, que organiza a concellería de Maiores do Concello de Redondela impartiranse en 16 emprazamentos diferentes por todas as parroquias de Redondela.
A alcaldesa, Digna Rivas, incidiu na importancia de que estas clases se impartan non só nos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, senón tamén nas demais parroquias do municipios “para que todos os veciños e veciñas poidan acceder a estes servizos e teñan a oportunidade de participar nas actividades sen ter que desprazarse”. Estas actividades son de balde, “para que todo o que o desexe poida asistir, independentemente da súa situación económica”. A rexedora salientou “a boa acollida que este cursos teñen ano tras ano entre a veciñanza, que demanda estas actividades porque son un éxito rotundo”.
A concelleira, Iria Vilaboa, explica que estes obradoiros que teñen como obxectivo “previr o deterioro físico e cognitivo das persoas maiores e mellorar a súa calidade de vida”. O número de participantes increméntase cada ano, con máis grupos en todas as parroquias do municipio. A valoración que fan os participantes é “moi boa, xa que non só melloran a nivel físico e mental, senón tamén nas súas relacións sociais”.
Os cursos Redondela Vital de Memoria celebraranse en 16 emprazamentos: Multiúsos Redondela, Multiúsos Chapela, A.VV. Soutoxuste – O Eixo, Escola Vella Saxamonde, CC Vilar, CC Quintela, CC Cidadelle, CC Cedeira, CCD Cesantes, CC Ventosela – Miñoteira, A.VV. Chapela, ADC Rande, CC Sto Estevo, CC Cabeiro, CC Saramagoso, SLC Reboreda. Os cursos Redondela en Forma de Tai Chi serán en: Pavillón A Marisma- Redondela, Pavillón González Soto- Chapela, Escola Vella Saxamonde, CC Quintela, CC Cedeira, CCR Chapela, SLC Reboreda, CC Ventosela (Miñoteira), CC Saramagoso, CC Cabeiro, CC Sto Estevo, CCD Cesantes, CC Vilar.
As persoas interesadas poden facer a súa no Concello de Redondela do 27 ao 31 de xaneiro.

Relacionadas

O Concello de Ponteareas acondiciona novos espazos no conservatorio municipal para dar un mellor...

0
O Concello de Ponteareas realiza obras no  conservatorio municipal para crear un novo espazo de administración e atención ás  familias máis visible e cercano....

O Concello de Mos celebra o acordo entre o RC Celta e a comunidade...

0
Na xornada de onte o Real Club Celta e a comunidade de Montes de Tameiga facían público un acordo que pon fin a anos...

A Deputación desenvolverá co Sergas un programa piloto de prescrición cultural no Museo de...

0
O vicepresidente Rafa Domínguez e o xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores, asinaron un convenio de colaboración para esta iniciativa, que busca...

A Deputación activa os recursos para que os concellos promovan a igualdade e loiten...

0
A institución provincial publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria, que mobilizará un total de 260.000 euros entre os...

O Porriño avanza na Modificación do PXOM para adaptar as aliñacións da Avenida Domingo...

0
Esta modificación permitirá resolver as incoherencias entre o planeamento e a realidade consolidada, asegurando a orde e a seguridade xurídica para os veciños e...

BNG urxe arranxar os dous viais que dan acceso a Requián

0
Xoán Reices:  “A situación dos dous viais é xa intransitábel; tanto o que vai desde Frades como o que vai desde Santa Mariña de...

Publicacións Relacionadas