Home Xunta de Galicia A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para...

A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo

― A convocatoria establece o compromiso de contratar a entre o 40 % e o 60 % do alumnado participante nas accións formativas, posibilitando así crear postos de traballo especializados e avanzando na cobertura das vacantes das empresas

― Ao abeiro da orde, á que se levan orzamentos 19 M€ desde 2023, empresas de sectores estratéxicos como o naval, a automoción ou o agro alimentario xa puideron solicitar e impartir as súas propias formacións, contratando deste xeito persoal cualificado

― A medida súmase a outras coas que o Goberno autonómico seguirá impulsando en Galicia para o financiamento de accións formativas á carta das empresas e sectores, e promovendo a contratación de persoas desempregadas, como o Galicia Emprega

― O prazo de presentación de solicitudes arranca o vindeiro venres, 31 de xaneiro, e prolongarase ata o 30 de setembro de 2025, sendo a data límite para a realización de accións formativas o 28 de novembro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar este venres a convocatoria de achegas deste ano para o financiamento de unidades formativas en empresas. A ela o Goberno galego destina 8 millóns de euros, cos que se estima cualificar máis de 2.500 persoas desempregadas a través da realización dunhas 200 accións formativas demandadas polo propio tecido produtivo e co compromiso de contratación de entre o 40 % e 60 % do alumnado participante.

A iniciativa permite, deste xeito, levar ás empresas formacións flexibles e á demanda das súas necesidades reais e das súas perspectivas de crecemento, promovendo en paralelo novas oportunidades laborais para as persoas sen traballo. Ademais, con esta liña de apoios, o Goberno autonómico avanza en dar resposta a retos clave do mercado como a cobertura de vacantes, o impulso da competitividade das empresas e a creación de postos de traballo especializados e sustentables.

Así, unha das principais novidades desta edición é que tamén poden solicitar as axudas as asociacións empresariais ou sectoriais, como os clústeres, o que contribuirá a seguir adaptando a capacitación profesional dos galegos e galegas en situación de desemprego aos perfís profesionais que esixen as diferentes contornas e sectores.

Detalles da convocatoria
Poden optar ás unidades formativas con compromiso de contratación empresas —soas ou agrupadas temporalmente—, entidades e titulares de centros inscritos para impartir formación profesional para o emprego na comunidade e, por vez primeira —como xa se mencionou—, entidades sen ánimo de lucro, como asociacións empresariais.
Para acceder a estas accións, as alumnas e alumnos deberán estar rexistrados como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia e non estar ocupados na data de inicio dos cursos. Poden obviar este trámite as persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, tamén potenciais beneficiarias da cualificación.
Ao respecto das formacións, estas realizaranse en formato presencial e poden ter lugar nas súas propias instalacións ou en entidades de formación homologadas. As temáticas deben estar incluídas no Catálogo de Especialidades Formativas do Servizo Público de Emprego Estatal. Non obstante —co gallo de permitir unha maior flexibilidade—, no momento da solicitude as empresas tamén poderán requirir outros itinerarios, presentando a súa proposta de alta.

Canto ao compromiso de contratación, será dun mínimo do 60 % do alumnado aprobado e/ou formado no caso de contratos cunha duración de ao menos 6 meses, ou dun 40 % se é por un período igual ou superior aos 12 meses. A contía das achegas calcularase en función do custo da formación da especialidade impartida, da duración e do número de participantes. Cómpre sinalar que a orde, aplicando o réxime de concorrencia non competitiva, axiliza o proceso de concesión de subvencións, favorecendo que as empresas accedan á formación e cobertura dos postos de traballo de xeito inmediato.

O prazo de presentación de solicitudes arranca o vindeiro vernes 31 de xaneiro e prolongarase ata o 30 de setembro de 2025, sendo a data límite para a realización de accións formativas o 28 de novembro.
Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-020125-0017_gl.html

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña Lucense

0
―      Suspéndese por este motivo mañá pola mañá a actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da MariñaTamén estará activa en...

Rueda asina concello de Poio un convenio para invertir 1,7 M€ na primeira fase...

0
Lembra que se trata “dunha das zonas urbanas máis transitadas de Galicia” ao ser a vía de entrada e saída da cidade de PontevedraA...

A Xunta esíxelle ao Goberno central a celebración da conferencia sectorial de transportes para...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Madrid na Comisión de directores xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas...

A Xunta defende que a promoción da lingua e a cultura galegas por parte...

0
No debate de totalidade do Proxecto de lei de medios, o  conselleiro  de Presidencia subliñou que se trata dunha lei “útil” para lingua, a...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Belén do Campo informa do compromiso daXunta coas dotacións culturisa locais a través de dúas...

0
― A delegada explicou o programa ‘Ler conta moito’, unha liña dotada con 195.000€, que está dirixida a colaborar cos concellos na programación de...

Publicacións Relacionadas