Home A Coruña Mila Castro reclama dilixencia na posta en marcha do Plan Director da...

Mila Castro reclama dilixencia na posta en marcha do Plan Director da Alameda e Marta Álvarez propón reforzar a colaboración do Concello coa Oficina de Voluntariado da USC

- Anuncio -

▪ Castro esixirá ao executivo local que active o Plan Directo da Alameda, elaborado polo Consorcio e remitido a Raxoi durante o verán, como un documento “chave” para “ordenar a restauración e mantemento da riqueza patrimonial e paisaxística” do parque

▪ Álvarez reclama fomentar a par.cipación ac.va da comunidade universitaria nos proxectos de voluntariado par desenvolver accións conxuntas “cun gran impacto comunitario”

O Grupo Municipal Socialista continúa a traballar no pleno da Corporación Municipal “centrados en ofrecer propostas que melloren a vida das nosas veciñas e veciños”. Na mesma liña se expresaba o pasado sábado o seu portavoz, Gonzalo Muíños, quen aseguraba que nada os ía distraer “do noso traballo e das nosas obrigas como representantes públicos”. Así, este domingo foi quenda de Mila Castro e Marta Álvarez, que deron a coñecer dúas iniciativas que defenderán na sesión ordinaria deste xoves relativas á conservación do parque da Alameda e á colaboración entre Concello e USC para fomentar programas de voluntario conxuntos.

Sobre o primeiro, será Castro a que interpele ao goberno local sobre o estado no que se atopa o Plan Director da Alameda. Un documento que elaborou o Consorcio, que foi encargado en abril de 2021 polo goberno local, daquela socialista, e que foi entregado ao executivo de Sanmartín este verán. “Pasan os meses e seguimos sen coñecer o documento” denuncia a edil socialista que reclamará axilidade na aprobación do documento así como que se faga público o contido do mesmo.
“O máis importante é que se inicien os traballos de implementación das actuacións de preservación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural e cultural do parque” apunta Mila Castro, que destaca o importante número de monumentos que se atopan nesta contorna, así como de árbores centenarias e outros elementos “que precisan dun maior coidado para evitar a súa degradación”.
Marco de cooperación coa USC para programas de voluntariado

Pola súa banda, a edil Marta Álvarez proporá na sesión deste xoves que o Concello retome as relacións de colaboración coa Oficina de Voluntariado da USC, establecendo un marco de “cooperación mutua” que permita a creación de “novos proxectos para fomentar a participación cidadá e o compromiso da mocidade co seu entorno”.

A Oficina de Voluntariado da Universidade promove na actualidade diversas inicia2vas de carácter social, cultural e medioambiental coas que se implica un importante número de estudantes. Así, Álvarez propón a creación dunha comisión mixta integrada por representantes das dúas ins2tucións para “identificar áreas prioritarias de intervención, deseñar proxectos conxuntos e coordinar accións de voluntariado entre USC e Concello”.

Lembra que xa existe un precedente no noso Concello, no 2006, cando o goberno socialista formalizara daquela un convenio coa Universidade para a realización de voluntariado social. Agora, Marta Álvarez propón que se retome esta liña de traballo, toda vez que as sinerxías entre ambas institucións permitirán crear “proxectos ambiciosos” de voluntariado que terían “un gran impacto comunitario”.

Relacionadas

Accidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no concello de...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo,...

Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

0
Hoxe tivo lugar esta presentación por parte da concelleira de Cultura, Antía Alberte que encara esta segunda edición da II Mostra de Mulleres Creadoras...

O Pleno de Ribeira demanda, por unanimidade, revitalizar o sector do mar

0
Onte día 27 de xaneiro tivo lugar o primeiro pleno ordinario do ano no que se aprobou por unanimidade, a modificación da ordenanza reguladora...

A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta de Costas do Estado para...

0
O PP votou en contra de solicitar á Consellería de Educación que asuma a xestión e o custo do Conservatorio Profesional de Música A corporación...

Ribeira se solidariza novamente co Club de Remo da Pobra Ribeira 28 de xaneiro

0
Aínda todos e todas temos na retina o fatídico incendio que asolagou ao Club de Remo da Pobra a comezos de xaneiro deste ano,...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Publicacións Relacionadas