Home A Coruña O Centro Social de Carreira xa é unha realidade para a súa...

O Centro Social de Carreira xa é unha realidade para a súa veciñanza

- Anuncio -

O temporal non foi quen de adiar a tan desexada inauguración do novo Centro Social de Carreira, unha infraestrutura moi demandada pola veciñanza desta parroquia cun histórico vagaxe cultural. Ao acto de inauguración asistiron, o alcalde, Luís Pérez, a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García, os tenente de alcalde, os concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal e Marivén Sampedro, presidenta da Asociación de Veciños de Carreira.

Nunhas dependencias ateigadas de veciños e veciñas de Carreira descrubiuse a placa conmemorativa ao son do grupo “Airiños da Guía” para despois dar paso ás Pandereteiras de Carreira que introduciron os discursos das autoridades presentes.

Marivén Sampedro presidenta da asociación de Veciños de Carreira mostrou a satisfacción en nome da veciñanza por inaugurar este centro social tan demandado e ofreceu a colaboración da asociación para poder desenvolver a actividade cultural da parroquia.

Por outra banda, Mar García puxo en valor a achega económica da Deputación para desenvolver proxectos no rural e sinalou “que a apertura do edificio é a posta en marcha dun espazo de encontro, de convivencia e de oportunidades para toda a veciñanza”, e tamén fixo referencia á lonxevidade do proxecto pero como di o refrán, a espera pagou a pena porque Carreira conta por fin cun espazo á altura das súas necesidades”. Para rematar animou a facer do centro un lugar vivo, dinámico e participativo, un espazo no que cada persoa atope o seu sitio e no que a comunidade siga fortalecéndose”.

Para finalizar o acto tomou a palabra o alcalde de Ribeira: “hoxe é un día de inmensa alegría e orgullo para toda a parroquia. Despois de moitos anos de esforzo, espera e soños compartidos, temos a honra de inaugurar este Centro Social, unha infraestrutura que simboliza a nosa determinación por mellorar a calidade de vida e fortalecer os espazos de socialización para a veciñanza. Agradecer a implicación dos obradoiros de emprego Vionta e Tahúme, encargados de comezar esta infraestrutura, así como á Deputación pola súa contribución económica”.

O rexedor destacou que o novo centro social ocupará un lugar central na vida comunitaria con espazos para actividades sociais, culturais e recreativas. “Vai atender as necesidades de todas as xeracións: desde as nenas e nenos que desfrutarán do parque cuberto, até as persoas maiores que atoparán aquí un lugar acolledor”.

Relacionadas

Accidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no concello de...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo,...

Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

0
Hoxe tivo lugar esta presentación por parte da concelleira de Cultura, Antía Alberte que encara esta segunda edición da II Mostra de Mulleres Creadoras...

O Pleno de Ribeira demanda, por unanimidade, revitalizar o sector do mar

0
Onte día 27 de xaneiro tivo lugar o primeiro pleno ordinario do ano no que se aprobou por unanimidade, a modificación da ordenanza reguladora...

A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta de Costas do Estado para...

0
O PP votou en contra de solicitar á Consellería de Educación que asuma a xestión e o custo do Conservatorio Profesional de Música A corporación...

Ribeira se solidariza novamente co Club de Remo da Pobra Ribeira 28 de xaneiro

0
Aínda todos e todas temos na retina o fatídico incendio que asolagou ao Club de Remo da Pobra a comezos de xaneiro deste ano,...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Publicacións Relacionadas