Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación aproba as bases das subvencións a deportistas individuais

A Deputación aproba as bases das subvencións a deportistas individuais

- Anuncio -

Esta convocatoria está dotada con 40.000 euros (cun máximo de 3.000 euros por solicitante) e o 28 de febreiro será o derradeiro día para presentar as solicitudes

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na súa  sesión celebrada esta mañá, as bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada 2023 – 2024.

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de becas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a temporada 2023 – 2024, coa finalidade de fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas ourensáns cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento deportivo.

A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de 40.000,00 euros, sendo de 3.000 euros como máximo por solicitante.  Poderán concederse subvencións de diferente contía, en función dos méritos e categoría dos deportistas solicitantes. O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria regulada nestas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 28 de febreiro de 2025, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse as solicitudes.

Por último, tamén foi aprobada unha expropiación forzosa para execución das obras de proxecto de restauración de baño sobre o río Edo na área “Ponte das Táboas”, no termo municipal de Castro Caldelas.

Relacionadas

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

Luis López anuncia unha nova edición mellorada da “academia” de pilotos +Talento Motor tralo...

0
O presidente provincial avanza un incremento do orzamento na beca, cuxo prazo de solicitudes abrirá este xoves ata o 19 de febreiro, para pilotar...

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luisa Sánchez remarca a estreita relación entre Castelao e Vigo na conmemoración do 75...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar nos actos organizados no IES Castelao de Vigo para conmemorar o 75 aniversario...

A Deputación organiza novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de preto...

0
As estancias programadas este 31 de xaneiro e 1 de febreiro levarán a familias de 14 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel...

A Deputación leva este venres á Guarda o circuíto +Escénicas con “De algo hai...

0
O espectáculo para todos os públicos poderá verse ás 21:00 horas no Salón de actos do Centro Cultural +Escénicas é un novo circuíto da institución...

Publicacións Relacionadas