Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación abre mañá, martes 28 de xaneiro, o prazo de solicitudes...

A Deputación abre mañá, martes 28 de xaneiro, o prazo de solicitudes para o programa provincial de Termalismo Social nos balnearios da provincia

- Anuncio -

Toda a información desta iniciativa termal provincial poderase consultar en www.termalismourense.com e en 4 liñas telefónicas específicas: 988317760, 988317766, 988317770 e 988317762, en horario de 8.30h a 14.30h

A Deputación de Ourense abrirá o prazo de solicitudes do programa de Termalismo Social 2025 mañá martes 28 de xaneiro, ofertando nos balnearios da provincia un total de 92 quendas de estancias termais desde febreiro ata novembro. No día de hoxe, o Boletín Oficial da Provincia foron publicadas as bases e convocatoria deste programa

A principal novidade este ano será o “Termalismo Azul”, modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos xeradores de benestar emocional, propiciando a aprendizaxe e adquisición de hábitos de vida para lograr unha lonxevidade saudable.

O “Termalismo Azul” engadirá ás estancias en réxime de pensión completa e ás técnicas termais un menú especial deseñado por nutricionistas utilizando como base produtos autóctonos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) ou de provedores locais con selo Galicia Calidade.

O menú especial do “Termalismo Azul” basearase na combinación de alimentos con propiedades antiinflamatorias, antioxidantes e anticanceríxenas que fan fronte ás máis importantes enfermidades crónicas, entre elas as enfermidades cardiovasculares.

Ademais realizaranse talleres de lonxevidade saudable e actividades ao aire libre que propicien a adquisición de hábitos de vida saudable.

Ademais, a nova modalidade pretende visibilizar aos balnearios de Ourense como espazos idóneos para a desconexión e desde os cales coñecer o patrimonio, a cultura e a forma de vida das contornas locais.

Balnearios de Allariz e Berán (Leiro)

Neste ano está prevista a incorporación de xeito inmediato ao programa de Termalismo Social dos balnearios de Allariz, próximo a completar todos os seus trámites como como centro termal, e o de Berán (Leiro), unha vez saíse a concurso público a súa xestión.

Ademáis, a principios de marzo o balneario de Arnoia xa ofrecerá quendas para os diferentes plans de estancias e, ademais, incorporará por primeira vez o “termalismo contra a soidade non desexada”, o que permitirá ampliar o número de quendas e participantes nesta modalidade.

O ano pasado 16 entidades asinaron convenios coa Deputación para que as persoas maiores que viven soas accederan a terapias termais grupais todas as semanas durante en períodos de 7 a 9 meses.

As estancias termais, a modalidade máis demandada

A modalidade que ano tras ano concentra un maior número de solicitudes é a de estancias termais de 6 días (5 noites) en réxime de pensión completa, 10 técnicas termais, consulta médica voluntaria e acceso ás piscinas de auga mineromedicinal termal. Abrirase o 17 de febreiro, e xa en marzo sumaranse á oferta os balnearios de Arnoia, Partovia e Lobios. Ofertaranse 92 quendas para estancias, dos cales case unha vintena incorporan a posibilidade de desprazamento en tren de alta velocidade desde diferentes cidades e o seu posterior traslado ao balneario.

En canto á modalidade de cultura termal que inclúe o aloxamento de fin de semana con dúas técnicas termais e unha pensión completa haberá máis de 100 quendas, comezando o 22 de febreiro.

A modalidade de tratamentos terapéuticos sen aloxamento dará comezo o 4 de marzo no balneario de Partovia, estando desde este mes dispoñible con inicio en calquera data ata o mes de novembro, e en calquera dos balnearios que oferta esta modalidade.En canto ao termalismo contra a soidade non desexada e o termalismo inclusivo, as súas quendas comezarán no mes de marzo.

Toda a información do Programa de Termalismo Social poderá consultarse na web www.termalismourense.com. Ademáis, a Área de Benestar da Deputación de Ourense habilita 4 liñas liñas telefónicas específicas: 988317760, 988317766, 988317770 e 988317762 en horario de 8.30h a 14.30h.

Relacionadas

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

Luis López anuncia unha nova edición mellorada da “academia” de pilotos +Talento Motor tralo...

0
O presidente provincial avanza un incremento do orzamento na beca, cuxo prazo de solicitudes abrirá este xoves ata o 19 de febreiro, para pilotar...

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luisa Sánchez remarca a estreita relación entre Castelao e Vigo na conmemoración do 75...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar nos actos organizados no IES Castelao de Vigo para conmemorar o 75 aniversario...

A Deputación organiza novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de preto...

0
As estancias programadas este 31 de xaneiro e 1 de febreiro levarán a familias de 14 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel...

A Deputación leva este venres á Guarda o circuíto +Escénicas con “De algo hai...

0
O espectáculo para todos os públicos poderá verse ás 21:00 horas no Salón de actos do Centro Cultural +Escénicas é un novo circuíto da institución...

Publicacións Relacionadas