Home A Coruña O Concello denuncia de xeito público a inacción da empresa telefónica para...

O Concello denuncia de xeito público a inacción da empresa telefónica para retirar un poste en perigo de derrubamento en Chantada

- Anuncio -

 A institución municipal solicita desde hai meses a intervención da entidade competente e, ante a súa inacción, agora eleva esta queixa pública ante a preocupación da veciñanza e do equipo de goberno

 O goberno local entende que existe un alto risco ao tratarse dun punto polo que pasa o Camiño de Santiago

O Concello de Paderne quere denunciar de xeito público a inacción da empresa telefónica competente á hora de retirar un poste en perigo de derrubamento situado no lugar de Chantada, na parroquia de Souto.
“Desde hai meses, a instalación atópase en mal estado. Só a simple vista, é evidente que o poste corre o risco de caer sobre a vía”, apunta o alcalde, Sergio Platas, que explica que o Concello solicita “de xeito recorrente” a intervención por parte da empresa telefónica. “É a única competente para retirar o poste”, aclara o rexedor, que recoñece que “existe preocupación” tanto no equipo de goberno como por parte da veciñanza, “da que recibimos mensaxes a través de diferentes vías nas que solicitan unha intervención”.

Unha vez detectada esta deficiencia meses atrás, o Concello de Paderne púxose en contacto coa empresa responsable e completou todos os trámites oportunos para retirar o poste. Desde entón, as solicitudes de actuación son continuas, pero a resposta efectiva é nula.
“Lamentamos o pouco interese da empresa telefónica e esiximos unha actuación inmediata ante o evidente perigo que existe para a nosa veciñanza e para os numerosos peregrinos e peregrinas que pasan polo punto, xa que se atopa no Camiño de Santiago. É unha casualidade que, despois destes días de temporal, o poste aínda siga en pé. Débese actuar xa”, sentencia Platas.

Relacionadas

O Concello adxudica a pavimentación dos Muiños en Oleiros. Ribeira, 29 de xaneiro de...

0
O Concello de Ribeira informa da recente adxudicación dunha actuación para garantir o bo mantemento das infraestruturas nas parroquias. O camiño do lugar dos Muiños...

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos

0
O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala...

O Concello avanza no borrador da ordenanza do imposto sobre estadías turísticas

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, encabezou esta mañá a reunión de...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

0
O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro O concelleiro de...

San Sadurniño leva a pleno este xoves a distribución e os proxectos do POS...

0
Este xoves, derradeiro do mes de xaneiro, toca pleno ordinario en San Sadurniño. A sesión está posta para as 19:30h en primeira convocatoria, incluindo...

O Concello de Brión homenaxea a Xosé Vizoso, veciño do municipio a quen se...

0
A biblioteca municipal organiza unha exposición de carteis que ilustran a evolución deste artista plástico e agasalla aos visitantes cun marcador de páxinas dedicado...

Publicacións Relacionadas