Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación activa os recursos para que os concellos promovan a igualdade...

A Deputación activa os recursos para que os concellos promovan a igualdade e loiten contra a violencia de xénero

- Anuncio -

A institución provincial publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria, que mobilizará un total de 260.000 euros entre os concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra pon á disposición dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia as axudas para a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero, dotadas de 260.000 euros. Coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, os concellos teñen a partir de mañá un prazo dun mes para solicitar estes recursos.

A través das axudas provinciais os concellos beneficiarios poderán promover actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, como impulsar os seus plans municipais de igualdade, actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista, tamén proxectos para mellorar a atención integral ás vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e dependentes ao seu cargo, ademais de actividades para mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres. Tamén poderán financiar campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade, proxectos e iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais contra a violencia de xénero, crear redes de apoio para fomentar a corresponsabilidade ou tamén contratar persoal especialista para proxectos específicos.

Cada un deles recibirá unha contía máxima de 6.000 euros, e a axuda será compatible con axudas doutras administracións. Ademais destes recursos, a Deputación ten xa mobilizados outros 200.000 euros co mesmo fin para as entidades sociais da provincia, co que o investimento total da Deputación este ano nas liñas de axudas por concorrencia en materia de igualdade ascende a 460.000 euros. No caso da liña dedicada ás entidades sociais, o prazo de solicitude está aberto ata o 17 de febreiro.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e...

0
O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m² A concellería de Vías e...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a posta en escena da construción democrática de Portugal con...

0
O teatro tudense acolle esta gran montaxe do Teatro Nacional São João de Porto este venres ás 20 h Unha gran montaxe teatral é a...

Veciñanza, plataforma DefendeMos e corporación municipal de Mos presentes no debate pola nova A-52...

0
Preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, corporación municipal e a alcaldesa Nidia Arévalo, asistiron está mañá no Parlamento...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52...

0
A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía Aposta...

Publicacións Relacionadas