Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor asiste en Santiago á presentación ás entidades do CERMI do...

Luis Menor asiste en Santiago á presentación ás entidades do CERMI do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense

- Anuncio -

O presidente da Deputación agradeceu a invitación realizada pola conselleira de Política Social, Fabiola García, para coñecer de preto os detalles dun centro que está previsto que entre en funcionamento no mes de abril

Menor tivo a oportunidade de escoitar as consideracións e suxestións realizadas polas entidades sociais acerca do propio centro e o modelo de xestión proposto, destacando “a ampla experiencia destes colectivos, avalada ademais polo recoñecemento do seu labor no conxunto da sociedade”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e a deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres asistiron hoxe en Santiago de Compostela á presentación das principais características do futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense.

Un acto presidido pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e no que participou unha ampla delegación das entidades que conforman o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), co seu presidente, Ramon Sestayo, ademais do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.

Luis Menor agradeceu a invitación realizada pola conselleira para coñecer de preto os detalles dun centro que, como avanzou a titular de Política Social e Igualdade, está previsto que entre en funcionamento no mes de abril.

O presidente da Deputación tivo a oportunidade de escoitar as consideracións e suxestións realizadas polas entidades sociais acerca do propio centro e o modelo de xestión proposto, destacando ao remate do encontro “a ampla experiencia que teñen estes colectivos, avalada ademais polo recoñecemento do seu labor no conxunto da sociedade”.

Relacionadas

O PP de Ourense informa acerca das axudas autonómicas ao comercio local e autónomos

0
·        O responsable de Comercio no executivo galego, Gabriel Alén, explicou polo miúdo todas as achegas dispoñibles e remarcou o compromiso do Goberno autonómico co...

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

A Deputación leva este venres ata Rodeiro e este sábado ata Cerdedo-Cotobade o circuíto...

0
“Unha rosa cada día, xogando con Rosalía”, de Carmen Domech, representarase ás 18:00 horas do venres no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares de Rodeiro...

A Deputación publica as bases da nova edición do programa +Convivencia, dotado con 275.000...

0
A institución provincial aumenta o orzamento do programa nun 25% tralo éxito de 2024, cando a xestión das saídas pasou a estar en mans...

Luis López comproba en Fornelos de Montes o remate dunha nova senda peonil que...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Belén Cachafeiro, adiantou ao alcalde Emiliano Lage as previsións de investimento do ente provincial neste Concello, que neste...

Publicacións Relacionadas