Home A Coruña Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

- Anuncio -

Hoxe tivo lugar esta presentación por parte da concelleira de Cultura, Antía Alberte que encara esta segunda edición da II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira, “tratase dunha iniciativa que tivemos o ano pasado dende o departamento de Cultura para facer no mes de marzo, foi un proxecto que expuxen no seu momento aos técnicos de cultura e que o colleron con moito interese e entusiasmo”, falando da temática: “a exposición do ano pasado fíxose na honra de Carmina Romero, unha muller que viviu en Ribeira que coñecín cando xa era unha maior, que incluso lle tremía o pulso e non pintaba como ela quería o facía igual con esa limitación e estaba frustrada por non dar pintado durante o transcurso do seu ciclo vital por estar adicada aos coidados da familia”.

Traendo esta historia Antía afirma que é un pouco esa sensación que quere transmitir de esas mulleres que por avatares de xénero non lograron satisfacer as súas inquietudes culturais, unha homenaxe a esas mulleres que antepoñen a súa vida para os coidados dos demais, poñer ese concepto na mesa e facer unha reflexión sobre o tema, non só mulleres; penso que é un tema social e o teño que poñer enriba da mesa”. O ano pasado se fixo unha exposición colectiva, se fixo chamada ás mulleres da contorna, se puxeron unhas bases ao fin resultou unha exposición moi ben acollida da que incluso se imprimiu un catálogo.
Finalmente Antía animou as mulleres a presentarse a esta nova exposición na que se terá prioridade ás mulleres que non puideron expoñer o ano pasado.

Exposición no CC Lustres Rivas de Ribeira do 7 de marzo ao 9 de abril de 2025

Poderán participar calquera creadora que teña inquedanza por expoñer as súas obras artísticas de pintura, debuxo, gravado, fotografía, artesanía, escultura ou outras.

Máximo unha por persoa (a non ser que unha mesma obra a compañan varias pezas tipo díptico, tríptico, etc). Seleccionaranse 30 participantes para que na sala a mostra estea ben distribuída e poidan figurar catálogo (aínda que dependendo dos tamaños poden ser ata 35 obras/participante máximo).
O tamaño máximo das pezas non poderá superar 1,20×1,20 metros co fin de que poidan garantirse ao menos as 30 participantes na exposició Orde de prioridades para a selección das participantes: Mulleres artistas
Que non expuseran na anterior mostra do ano 2024.
Empadroadas en Ribeira
Empadroadas na contorna
Empadroadas noutros lugares

As interesadas teñen que enviar a culturaefestexos@ribeira.gal ou entregar persoalmente no C.C. Lustres Rivas, dende o 30 de xaneiro ata o 14 de febreiro do 2025, o seguinte:
Fotografía da peza (resolución 600 ppp) con datos técnicos: Título/ Autoría (ou pseudónimo)/ Técnica e/ou materiais/ Ano e tamaño.

Poema/texto/reflexión persoal que faga alusión ao tema de base q queremos plasmar con esta exposición (máximo 800 caracteres).
Pequena biografía para termos custodiada no departamento (máximo 600 caracteres)

O catálogo será de formato cadrado (22 x 22 cm) e acompañará á inauguración da exposición o venres 7 de marzo ás 20:00 h.

Relacionadas

Abegondo aproba por unanimidade os fondos do POS e a actualización do inventario

0
· Rexeitada a moción do BNG sobre a revisión do convenio do Deportivo ao lograr só o voto favorable do edil nacionalista O Concello de...

Secundino García solicítalle a Martina Aneiros actuacións “urxentes” no CPI de San Sadurniño

0
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá até San Sadurniño para visitar as obras financiadas nas dúas últimas anualidades...

O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e...

0
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario...

O Concello de Ribeira entrega as becas a deportistas individuais para fomentar hábitos saudables...

0
O Concello de Ribeira fixo entrega hoxe das becas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida saudables, apoiar economicamente a...

Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé...

Corte total de tráfico no tramo final da Avda. Santa Cristina por mor das...

0
Desde o día 30 de xaneiro e por un período de 2 meses, procederase ao corte total de tráfico do tramo final da Avda....

Publicacións Relacionadas