Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López eloxia a Volta Galicia BTT, a primeira proba UCI por...

Luis López eloxia a Volta Galicia BTT, a primeira proba UCI por etapas de Galicia, como mostra do potencial do deporte para situar a provincia no escenario internacional

- Anuncio -

O presidente da Deputación mantén un encontro cos organizadores da primeira edición desta competición, que consolida á provincia como un destino turístico descentralizado e ligado ao deporte

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, eloxia o salto de calidade experimentado pola Volta Galicia BTT ao converterse na primeira proba desta modalidade de ciclismo con categoría UCI que se celebra en Galicia e supón unha nova mostra do potencial da provincia para acoller eventos deportivos de impacto internacional. Nun encontro con directivos dos clubs organizadores do evento, Alberto Penas, do Club Ciclista Montes do Deza; e Javier Busto, do Extol MTB Team, o mandatario provincial salientou a importancia de acoller un evento que contribúe a seguir descentralizando a actividade deportiva nun territorio que segue a consolidarse como a “provincia do deporte”.

A Volta Galicia BTT celebrarase por primeira vez este ano entre os días 1 e 4 de maio. Trátase dunha competición por etapas que toma a remuda da clásica Lalín Bike Race para converterse na primeira carreira por etapas en BTT con categoría UCI que se celebra en Galicia. A competición constará de catro etapas: a primeira terá lugar no Carballiño, a segunda e a cuarta, en Lalín; e a terceira en Melide. Ademais, trátase dunha proba aberta a todo tipo de afeccionados á bicicleta de montaña, pois ademais das categorías elite e sub 23 masculina e feminina, tamén haberá clasificacións para os maiores de 30, 40, 50 ou 60 anos, así como unha modalidade de parellas masculinas, femininas ou mixtas. Do mesmo xeito, cada participante pode elixir participar nas catro etapas ou en etapas soltas, agás na segunda etapa, aa contrarreloxo de Lalín do 2 de maio, na que só poderán os que compitan nas catro etapas.

A celebración desta carreira ciclista afonda na estratexia do goberno provincial de promover a organización de eventos deportivos de interese xeral ao longo de todo o ano e en distintos concellos da provincia. O obxectivo é descentralizar os grandes acontecementos das grandes cidades para repartir a riqueza que xera este tipo de eventos e promocionar todas as comarcas, tamén as do interior como a do Deza, como unha parte do destino turístico Rías Baixas.

Na recentemente celebrada Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur, a Deputación centrou a súa campaña na presentación dun destino composto por 61 concellos no que o interior da provincia é tan atractivo e interesante coma os da costa. Acoller eventos deportivos como esta Volta Galicia BTT no Deza, o paso do Gran Camiño, cunha etapa que partirá de Marín e rematará na Estrada; ou volver ser escenario do de La Vuelta a España este verán pola provincia, cunha etapa entre Poio e Mos, dan boa mostra da aposta que a Deputación está a facer por consolidar as Rías Baixas como un destino turístico ligado ao deporte e tamén do atractiva que resulta a provincia de Pontevedra para a organización de competicións ciclistas de categoría internacional.

Relacionadas

Oito alumnos de albanelería e o experto docente acondicionan unha vivenda municipal na estación...

0
O alcalde Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil, María del Carmen Vidal, comprobaron o avance dos traballos que levan a...

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O Termalismo Social provincial supera as 1000 prazas nas primeiras 36 horas desde a...

0
O 28 de xaneiro ás 00:00 horas abría o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Termalismo Social provincial e, transcorridas 36 horas,...

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

Publicacións Relacionadas