Home Pontevedra O Concello proxecta a renovación dos vestiarios e da iluminación no campo...

O Concello proxecta a renovación dos vestiarios e da iluminación no campo de fútbol de Santa Mariña

- Anuncio -

– Realizarase a renovación integral de todos os vestiarios, aseos e lavabos, sala de fisioterapia, zona da lavandaría, sala de caldeira, local social e almacén. Os traballos, cun prazo de execución de 3 meses, están valorados en 249.386 euros, e o Concello propón a súa inclusión no II Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación.

– O proxecto inclúe a substitución de toda a iluminación por tecnoloxía LED en todos os campos de fútbol e pistas de tenis anexas. Isto vai permitir unha importante redución da factura eléctrica anual. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, sinala que se producirá un aforro de máis de 30.000 euros anuais.

O Concello de Redondela presentou ante a Deputación de Pontevedra o proxecto para a reforma dos vestiarios e o cambio de iluminación no Campo de Fútbol Municipal de Santa Mariña e os seus anexos. Os traballos, cun prazo de execución de 3 meses, están valorados en 249.386 euros, e o Concello propón a súa inclusión no II Plan de Infraestruturas Deportivas do ente provincial.

Os vestiarios necesitan un importante acondicionamento tanto da pintura como dos alicatados, soleiras, aparellos sanitarios, fontanaría, carpintaría e cuberta. “As instalacións están en mal estado debido ao uso e ao paso do tempo”, explica o concelleiro de Deportes, Iván Valles. O proxecto inclúe tamén a mellora da contorna exterior dos vestiarios, coa renovación das beirarrúas exteriores e os accesos. Na chaira existente na parte posterior e no lado dereito dos vestiarios proxéctase a realización dun recheo e asfaltado. Nos vestiarios retirarase todo o mobiliario existente, portas, xanelas, aparellos sanitarios e luminarias. A reforma afecta a todos os vestiarios, aseos e lavabos, sala de fisioterapia, zona da lavandaría, sala de caldeira, local social e almacén. Colocarase novo pavimento antiescorregadizo, substituiranse as xanelas por outras novas de aluminio e cambiaranse as portas interiores por outras novas de madeira hidrófuga. Substituiranse todos os aparellos sanitarios por uns máis modernos, así como as luminarias instalando modelos LED, co consecuente aforro enerxético. Realizarase unha nova instalación de fontanaría e farase a impermeabilización da cuberta na zona da lavandaría e vestiarios.

Aposta pola eficiencia enerxética

O proxecto inclúe a substitución de toda a iluminación actual dos campos de fútbol e as pistas de tenis anexas por tecnoloxía LED . Isto vai permitir unha importante redución da factura eléctrica anual. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, sinala que se producirá un aforro de máis de 30.000 euros anuais “o que vai repercutir directamente nos orzamentos de Deportes”. O edil explica que este proxecto vai na liña da estratexia do Concello, que aposta pola eficiencia enerxética, un plan que xa se vén aplicando nos últimos anos. En 2024 renovouse o sistema de iluminación nos cinco pavillóns municipais, cun aforro medio de 15.000 euros ao ano na factura eléctrica grazas á tecnoloxía LED. Tamén se está a traballar na modernización da iluminación pública. Ata o de agora substituíronse 1.700 farois en camiños de todas as parroquias, e o obxectivo é continuar paulatinamente coa renovación de todas as instalacións do alumeado público.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas