Home Pontevedra O BNG avanza unha fronte común en contra da nova autovía Vigo-O...

O BNG avanza unha fronte común en contra da nova autovía Vigo-O Porriño e pola gratuidade da AP-9

- Anuncio -

A fronte nacionalista demanda que o Goberno español retire o proxecto polos seus graves impactos veciñais e ambientais: “Non vai resolver os actuais problemas de mobilidade”

Defende como alternativas liberar de peaxes a autoestrada, corrixir o actual trazado para reducir a sinistralidade vial e mellorar as conexións por transporte colectivo

O Bloque Nacionalista Galego avanza unha fronte común en contra de ampliación da autovía A-52 anunciada polo Goberno español. A fronte nacionalista demandará nas distintas institucións e concellos afectados a retirada do proxecto diante dos seus graves impactos a nivel veciñal, territorial e ambiental.

Así o manifestaron este martes após unha xuntanza na que participaron os portavoces municipais do BNG Xabier P. Igrexas (Vigo), Gustavo Barcia (Mos) e Pedro Pereira (O Porriño); a deputada provincial Manuela R. Pumar; as deputadas no Parlamento galego Alexandra Fernández e Carmela González; e o responsábel comarcal, Manuel Caride. 

Para a fronte nacionalista este proxecto de ampliación da A-52 “non vai resolver os problemas de mobilidade” e advertiron de que as solucións non poden agardar anos por unha nova infraestrutura. Como alternativa, dende o Bloque defenden a liberación e gratuidade das peaxes da AP-9, que transcorre case en paralelo á autovía, realizando as melloras de accesos e conexións necesarias.

Sobre o trazado actual, o BNG urxe a que o Ministerio de Transportes acometa as melloras pendentes dende hai anos na autovía para corrixir e reducir a elevada sinistralidade vial, que non levaron adiante nin PP nin o PSOE dende os sucesivos Gobernos españois. Do mesmo xeito, as nacionalistas chaman a apostar polo reforzamento do transporte colectivo entre os concellos da área co obxectivo de rebaixar o tránsito de vehículos nestas vías.

Oposición en Vigo

No caso da cidade de Vigo, o portavoz municipal do Bloque, Xabier P. Igrexas, alertou de que este proxecto vai tronzar o rural vigués, con especial incidencia na parroquia de Bembrive, e tamén en Beade pola confluencia doutro vial de alta capacidade como o PO-010. “O BNG xa se opuxo a ambos proxectos, formulando alegacións e sendo a única forza que votou en contra da aprobación provisional do novo PXOM”, defendeu Igrexas.

O voceiro nacionalista en Vigo afeou nese sentido que o PP agora se amose contrario cando validou ambas infraestruturas dende a Xunta, dando luz verde ao planeamento urbanístico por parte da Axencia de Infraestruturas e da Dirección Xeral de Urbanismo.

Aliás, Igrexas esixiu unha rectificación da “posición soberbia e autoritaria” do alcalde, Abel Caballero, despois das declaracións realizadas contra da veciñanza afectada. “Reclamamos que escoite e reciba ás plataformas e deixe de desprezalas afirmando que este proxecto se vai facer si ou si malia a maioritaria oposición veciñal”, demandou.

Atropelo en Mos e no Porriño

Na mesma liña, o portavoz municipal do BNG de Mos, Gustavo Barcia, considerou este proxecto un “novo atropelo” contra o concello, polos graves prexuízos ambientais e sociais que se suman aos problemas xa existentes do actual trazado. De por parte, o voceiro nacionalista no Porriño, Pedro Pereira, secundou estas posicións denunciando que este proxecto vai ter tamén afeccións no concello e vai condicionar outras infraestruturas de mobilidade no futuro como a mellora da conexión ferroviaria.  

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas