Home Pontevedra Baixo Miño A Deputación continúa este mércores en Tomiño as visitas do seu servizo...

A Deputación continúa este mércores en Tomiño as visitas do seu servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos

- Anuncio -

Os técnicos do SEVIC visitarán uns 80 establecementos comerciais da localidade co obxectivo de que sexan parte activa na xestión responsable dos biorresiduos

A Deputación de Pontevedra inicia este mércores 29 de xaneiro as visitas que o servizo de vixilancia, inspección e control de xestión de residuos (SEVIC) realizará a establecementos comerciais de Tomiño, un dos 16 concellos da provincia adheridos a esta iniciativa, que ten por obxectivo axudar os gobernos municipais da provincia a cumprir as esixencias da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (LRSCEC).

O obxectivo destas visitas, que se realizarán ao longo de tres semanas a uns 80 establecementos produtores de biorresiduos de Tomiño, é que sexan parte activa na xestión responsable destes residuos, contribuíndo así á preservación do medio ambiente e ao fomento de espazos más limpos e saudables para os seus habitantes. Neste eido, o persoal técnico da Deputación daralles resposta ás súas dúbidas e orientaraos sobre as mellores prácticas de separación e manexo axeitado dos residuos. Ademais, tamén se recadará información para avaliar o cumprimento da normativa aplicable, concretamente sobre a correcta separación dos residuos nas diferentes fraccións coa que garantir a súa recollida separada. Adicionalmente, nestas visitas entregaranse guías e ofrecerase tamén contacto telefónico para resolver dúbidas.

Nestes momentos son 16 os concellos da provincia adheridos ao SEVIC: Baiona, Barro, Bueu, Cangas do Morrazo, A Cañiza, Gondomar, A Guarda, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda e Tomiño. Ao abeiro deste servizo, os produtores de residuos estarán suxeitos a inspeccións periódicas que serán levadas a cabo polo corpo de funcionarios habilitado pola Deputación, que teñen a consideración de axentes da autoridade. Deste xeito, os feitos constatados por este persoal formalízanse nunha acta e gozan da presunción de certeza a efectos probatorios. Polo de agora xa se realizaron visitas aos concellos de Baiona, Barro, Bueu, Cangas do Morrazo, Meis, Moaña, Salceda de Caselas e Silleda.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O Termalismo Social provincial supera as 1000 prazas nas primeiras 36 horas desde a...

0
O 28 de xaneiro ás 00:00 horas abría o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Termalismo Social provincial e, transcorridas 36 horas,...

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Publicacións Relacionadas