Home Pontevedra Poio Rueda asina concello de Poio un convenio para invertir 1,7 M€ na...

Rueda asina concello de Poio un convenio para invertir 1,7 M€ na primeira fase da humanización da estrada autonómica PO-308

- Anuncio -
  • Lembra que se trata “dunha das zonas urbanas máis transitadas de Galicia” ao ser a vía de entrada e saída da cidade de Pontevedra
  • A previsión é que o concello licite as obras no primeiro trimestre para que se poidan iniciar en setembro
  • Salienta que a Xunta vai investir case 3,5 M€ “en manter en perfecto estado” as estradas autonómicas da provincia de Pontevedra

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co alcalde de Poio, Ángel Moldes, un convenio de colaboración polo que se investirán 1,7 millóns de euros -70% aportados polo executivo autonómico e 30% polo goberno local- para acometer a primeira fase da humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso pola localidade. Ademais, o acordo tamén recolle o cambio de titularidade a favor do concello do dominio público viario asociado á estrada.

Rueda, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, salientou que se trata “dunha das zonas urbanas máis transitadas de Galicia, nunha posición estratéxica” ao ser a vía de entrada e saída da cidade de Pontevedra e a que canaliza o tráfico do Salnés. E lembrou que a estrada atravesa unha zona na que residen “8.000 persoas” que “teñen dereito” a que “o tráfico intenso sexa compatible cunha contorna o máis humanizada e agradable posible”.

Os primeiros traballos acometeranse entre a Ponte da Barca e o punto quilométrico 0+480 e terán como principais obxectivos garantir a accesibilidade, dar prioridade ao peón e fomentar hábitos saudables. En concreto, entre outras accións, reordenarase o espazo público coa renovación do firme e pavimentación de beirarrúas; crearanse aparcadoiros, zonas de carga e descarga e estacionamento para persoas con mobilidade reducida; e instalaranse zonas axardinadas e mobiliario urbano.

A estimación é que o concello licite as obras no primeiro trimestre deste ano para que poidan iniciarse en setembro. Prolongaranse durante aproximadamente un ano.

Con todo, esta non é a única actuación prevista nesta estrada. En concreto, está en execución o itinerario peonil e ciclista no treito entre Fontenla e Combarro, que logo continuará nun segundo tramo ata Chancelas e O Covelo; e está tamén licitada a renovación da capa de firme nesta e outras estradas.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta salientou a importancia non só de ampliar as infraestruturas viarias senón de garantir “o seu mantemento”. Nesta liña, anunciou que o Goberno galego “vai destinar case 3,5 millóns de euros” a “manter en perfecto estado” as estradas autonómicas da provincia de Pontevedra.

Unhas medidas que se suman a outros esforzos que está facendo a Xunta na materia, como a través do rescate das catro autovías de peaxe en sombra da súa titularidade, que permiten incrementar a capacidade de investimento, ou coas bonificacións nas autoestradas autonómicas AG-55 e AG-57, as máis baratas de Galicia e das máis económicas de España.

Relacionadas

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos...

0
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua...

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a...

0
— Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas...

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de garantía xuvenil e as...

0
Salientou que a convocatoria do Programa de Garantía Xuvenil para as anualidades 2024-25, cun investimento de 6,6M€, permiten impulsar en Galicia 15 obradoiros que...

A Xunta potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha liña de axudas de...

0
O Diario Oficial de Galicia  publica hoxe unha nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 7 de febreiro...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

Publicacións Relacionadas