Home Pontevedra A Paradanta A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Arbo para...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Arbo para informar a cidadanía sobre eficiencia e aforro enerxético

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, visitou este martes o concello de Arbo coa oficina móbil do programa +Renovables, coa que a Deputación está a descentralizar os servizos que se prestan desde a Oficina de Transformación Comunitaria (emprazada no Viveiro de Empresas de Barro) para implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade. O deputado provincial visitou a instalación móbil xunto co alcalde de Arbo, Horacio Gil.

A oficina móbil da Oficina de Transformación Comunitaria está a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para informar, asesorar e acompañar proxectos relacionados coa eficiencia enerxética desde a súa creación ata a produción e o autoconsumo. Trátase dun vehículo 100% eléctrico onde o persoal técnico do programa informará in situ sobre cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…).

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercuta nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en cuestións relacionadas con proxectos de eficiencia enerxética.

A  Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

O concello de Bueu aprobou nun pleno extraordinario o recoñecemento extraxudicial de créditos e...

0
A corporación municipal do Concello de Bueu celebrou este xoves, 30 de xaneiro, un pleno extraordinario no que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de...

Oito alumnos de albanelería e o experto docente acondicionan unha vivenda municipal na estación...

0
O alcalde Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil, María del Carmen Vidal, comprobaron o avance dos traballos que levan a...

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O Termalismo Social provincial supera as 1000 prazas nas primeiras 36 horas desde a...

0
O 28 de xaneiro ás 00:00 horas abría o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Termalismo Social provincial e, transcorridas 36 horas,...

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

Publicacións Relacionadas