Home Pontevedra O CIM de Soutomaior atendeu a un total de 610 consultas no...

O CIM de Soutomaior atendeu a un total de 610 consultas no 2024

- Anuncio -

A concelleira de Igualdade, a directora- psicóloga e a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Soutomaior presentaron nesta xornada a memoria do CIM do 2024. Un documento que deixa patente, un ano máis, a necesitade de contar con este Centro no concello de  Soutomaior, un espazo prioritario para o Goberno Local.

Rosana Martínez Boullosa, concelleira de Igualdade, Cristina García, psicóloga e directora do CIM de Soutomaior e Margarita Taboada, Técnica de Igualdade do CIM,  presentaron nesta xornada a memoria da actividade do Centro de Información á Muller do ano 2024, uns datos que deixan patente que este centro é unha prioridade para o concello de Soutomaior e para o Goberno Local.

Segundo os datos coñecidos nesta xornada podemos saber que as consultas realizadas foron as seguintes: 127 de asesoramento xurídico, 212 atención psicolóxica , 15 atención a vítimas de violencia de xénero e 255 Información de outros  recursos de conciliación e outras actividades de igualdade.

Ademais das consultas, realizáronse a solicitude das axudas a todas aquelas mulleres que o demandaron, coma a prestación de pago periódico para vítimas de violencia de xénero ( 3 solicitudes), prestación de pago único ( 2 solicitudes) ou as estadías de tempo libre. Tamén se tramitaron 2 novas solicitudes de  servizo de acompañamento telefónico ATENPRO, para vítimas de violencia de xénero.

Para favorecer a saúde física, emocional e mental das persoas usuarias do CIM, así como promover os seus hábitos de autocoidado,  dentro do Espazo Autocoiado, cun total de 6 obradoiros ao longo do pasado ano, Apoderamento Corporal, Mindfullness, Arteterapia, Autocoñecemento para o cambio, Chan pélvico, e igualdade afectivo-sexual organizados en pequenos grupos , onde participaron 90  mulleres .

No 2024, promovéronse desde o Concello unha aposta por fomentar as actividades de conciliación, dentro do Espazo Concilia  realizáronse catro campamentos para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante períodos non lectivos dos colexios, Semana santa, campamento de verán, artístico e nadal onde participaron un total de 143 nenas e nenos do municipio, cubrindo así todos os períodos non lectivos .

Así mesmo, realizáronse actividades especificas para conmemorar as datas do 8 de marzo e o 25 de Novembro, días internacionais da muller e contra a eliminación da violencia machista, respectivamente.

O espazo redes é un programa de intervención comunitaria para fomentar o tecido asociativo e a creación redes veciñais entre mulleres, en especial de mulleres do rural, do Concello de Soutomaior. Dando a coñecer a importancia da labor das mulleres no rural, dando voz a un colectivo especialmente esquecido. Dentro de este espazo desenvolveuse o programa Enredadas cun total de 6 obradoiros escollidos por cada asociación de veciñas con vogalía da muller ou asociación de mulleres rurais que se desenvolveron nos últimos meses do ano pasado, con máis de 100 participantes.

Ademais, realizáronse unhas 66 actividades dentro da programación anual de Igualdade, entre as que destacan:  Encontro  anual de mulleres do Concello de Soutomaior, participando cerca de 130 mulleres,  Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, Curso formativo para persoal coidador de persoas cunha demencia neurodexenerativa, Punto Lila da festa da Ostra e a Primeira edición de A ORGHULLOSA, 1ª festa das identidades diversas e disidentes.

Mantivéronse e fortalecéronse as estruturas de coordinación como as Mesas de abordaxe integral para fronte a violencia de xénero, e as xuntanzas da Comisión Municipal feminista.

Lembrar  que o CIM é o centro de información a Muller que se atopa na rúa Peirao, nº 8 en Arcade, no Centro de Benestar Integrado. Calquera persoa,  que así o considere poder facer uso do servizos, chamando o número   de teléfono 986701227 para pedir cita previa.

Relacionadas

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

O Concello de Ponteareas solicita 15 millóns de euros para mellorar o acceso á...

0
O Concello de Ponteareas solicitará aos Plans EDIL (Plans de Actuación Integrados de Entidades Locais,) financiado con fondos FEDER 21-27, 15 millóns de euros...

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

0
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o...

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

0
Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

Emilio X. Ínsua ofrece un faladoiro sobre Castelao nas Irmandades da Fala

0
Este venres ás 19.30, na Oficina de Turismo, teremos a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao...

Publicacións Relacionadas