O Goberno de As Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e traballadoras para reforzar distintos servizos municipais durante 2025, incluíndo a recollida de lixo, mantemento de vías e xestión administrativa.
A distribución dos postos será a seguinte:
• 2 peóns de recollida de lixo, a xornada completa durante 9 meses. • 2 peóns forestais, a xornada completa durante 8 meses.
• 2 peóns de obras públicas e 1 auxiliar administrativo/a, a xornada completa durante 7 meses.
• 1 fontaneiro/a e 1 xardineiro/a, a xornada completa durante 6 meses.
O alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, destacou que “con estas contratacións melloraremos os servizos municipais e garantiremos que as nosas rúas, parques e instalacións públicas estean en óptimas condicións. Ademais, seguimos apostando por un proceso de selección transparente que permita a todos os veciños e veciñas interesadas optar a estes postos de traballo”.
As persoas interesadas deberán estar dadas de alta como demandantes de emprego e solicitar a súa inclusión nos códigos correspondentes na súa Oficina de Emprego. Para calquera dúbida sobre o proceso, poden poñerse en contacto co Concello a través das súas canles oficiais.