Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na comarca
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo con representantes da Asociación Centro Comercial Aberto de O Barco, (CCA O Barco), co obxectivo de escoitar as necesidades desta importante plataforma de comerciantes do oriente ourensán e trasladarlles o apoio e a colaboración da institución ourensá ás iniciativas que fomentan o comercio local, “clave” para o desenvolvemento do territorio.
Luis Menor, acompañado pola deputada especial para Valdeorras, María del Carmen González, atendeu ao presidente de CCA O Barco, Jacobo Arias, e á xerente da asociación, Ángeles Vispo.
O presidente provincial destacou a “importancia” desta asociación ao aglutinar ata un cento de establecementos do sector.
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán próximamente e outras actividades de dinamización na comarca. Neste sentido, Luis Menor reiterou o apoio da Deputación a esta agrupación, tanto en materia de gastos como de proxectos concretos, para garantir a súa viabilidade.