Home Pontevedra O Teatro Principal acolle o ciclo Cinema e saúde mental: O oficio...

O Teatro Principal acolle o ciclo Cinema e saúde mental: O oficio de vivir, películas e coloquios con especialistas a prol do benestar emocional

- Anuncio -

As películas proxectaranse os días 5, 6, 12 e 13 de febreiro e abordarán as seguintes temáticas: dó,  menores en risco, reinserción social e suicidio  

A Concellería de Benestar Social va da man de Taller Aberto e Suso Novas nunha iniciativa que busca  acompañar as persoas con problemas de saúde mental e as do redor e reivindicar a sanidade pública 

O cinema é emoción, acción, fantasía e realidade. Axúdanos a interpretar, a coñecer e recoñecer o noso  mundo e a imaxinar outros, apréndenos a entendernos e a aceptar ao diferente. E axúdanos a procesar  emocións difíciles e situacións que axitan as nosas vidas e conciencias. Neste marco a Concellería de Benestar  Social promove o ciclo Cinema e saúde mental: O oficio de vivir, unha iniciativa do colectivo Taller Abierto e  o director do Festival Novos Cinemas, Suso Novás.  

“O oficio de vivir combina diferentes disciplinas, é un ciclo moi pensado, moi ben asesorado por profesionais  da saúde mental que busca contribuír, axudar, acompañar a aquelas persoas que están pasando por  problemas vinculados coa saúde mental e a xente de redor” subliñou a concelleira de Benestar Social, Anabel  Gulías na presentación de Cinema e Saúde Mental. Ao seu carón, a co-organizadora Ana Barreiro, de Taller  Abierto, quen avogou pola necesidade de “facer fronte á vida con benestar emocional”  

Cinema e saúde Mental chega á súa terceira edición, abordando catro temáticas (unha por película  seleccionada): dó, menores en risco, reinserción social e suicidio. Cada sesión seguirá o mesmo esquema:  presentación e contextualización do filme, proxección, charla de Suso Novás co experto/ a invitada e  coloquio.  

Gulías cualificou ao cinema “como unha ferramenta moi poderosa que nos axuda a poñernos no lugar dos  demais con empatía, a recoñecer situacións polas que pasamos nós mesmas ou persoas próximas”. E nesta  viaxe destacou a importancia dos coloquios que seguirán ás proxeccións, guiados por especialistas que nos  van axudar a interpretar, a re-imaxinar, a re-situar os problemas, as realidades que imos ver na pantalla do  Teatro Principal”.  

O oficio de vivir pretende ser tamén unha reivindicación da necesidade de reforzar os medios públicos e as  profesionais da saúde mental” rematou a concelleira de Benestar Social, após de recordar que “aínda vivimos  nunha sociedade na que dependes da túa capacidade adquisitiva para poder os problemas de trastorno  mental”.  

Nesta liña, Ana Barreiro lembrou que o Plan Galego de Saúde Mental (que rematou no 2004) sinala que “o  21% da poboación de Galicia presenta algún tipo de trastorno mental”. “As cifras falan por si soas” engadiu,  polo que agarda que O oficio de vivir se consolide na programación cultural do Concello de Pontevedra. 

Programa  

As sesións do Ciclo Cinema e saúde mental, dirixidas a un público xeral, desenvolveranse os días 5 , 6, 12 e 13  de febreiro, ás 19.00 horas, no Teatro Principal. O acceso é libre ata completar aforo.  

Data Película Temática Relator/a
5-Feb Non sei dicir adeus (No sé decir adiós,  España, 2017, Lino Escalera) Dó Alejanda Santos Polo/ Suso Novás
6-Feb Temos que falar de Kevin (We Need to  Talk About Kevin, Inglaterra, 2011, Lynne  Ramsay) Menores en situación de  riscoRocío Gómez Juncal/ Suso Novás
12-Feb Eu tiña unha vida (Yo tenía una vida,  España, 2023, Octavio Guerra) Reinserción social Pablo Braña/Suso Novás
13-Feb Xente corrente (Ordinary People, Estados  Unidos, 1981, Robert Redford) Suicidio Estrela Gómez/Suso  Novás

Relatoras:  

Alejandra Santos. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca. É especialista en Psico-oncoloxía  e coidados paliativos. Actualmente traballa na Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra. A práctica  neste ámbito obrigouna a ter formación e especialización en duelo para acompañar ás familias tras a perda  dun ser querido.  

Rocío Gómez. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en  Psicoloxía pola Universidade de Vigo, sendo docente e investigadora desde 2003 en diferentes universidades  españolas. Foi profesora na Universidade de Vigo, Santiago e na UNED e desde 2018 é profesora na UNIR.  Desde novembro de 2024 é Subdirectora académica da Área de Psicología da Facultade de Saúde de UNIR.  

Pablo Braña. Graduado en Traballo social. Entre o 2008 e o 2023 traballou adscrito aos Servizos de  Hospitalización a Domicilio e Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Participou  como relator en distintos congresos e talleres. Na actualidade traballa no Servizo de Psiquiatría (Unidade de  Agudos) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Estrela Gómez. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2003 leva  traballando como psicóloga en diferentes centros de menores e de rehabilitación psicosocial así como na súa  propia consulta en Pontevedra. Desde 2007 é a psicóloga e coordinadora dun centro de Rehabilitación  Psicosocial en Cangas para personas con trastorno mental grave.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas