Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia unha nova edición mellorada da “academia” de pilotos +Talento...

Luis López anuncia unha nova edición mellorada da “academia” de pilotos +Talento Motor tralo éxito colleitado no seu debut

- Anuncio -

O presidente provincial avanza un incremento do orzamento na beca, cuxo prazo de solicitudes abrirá este xoves ata o 19 de febreiro, para pilotar no Campionato Galego de Rallys un coche ecolóxico rotulado coas cores da Deputación

López detalla que, como novidade, o triunfador na Copa Dacia Sandero Eco Cup, conquistada o ano pasado polo becado Yago Martínez, recibirá apoio da Deputación para participar na Copa Clío

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sinala a segunda edición do programa +Talento Motor como un paso adiante da “provincia do deporte” no apoio aos deportistas locais coa posta en marcha por segunda ano consecutivo dunha “academia de pilotos” de automobilismo, dos que sairá o condutor do coche ecolóxico patrocinado pola Deputación para participar no Campionato Galego de Rallys. No vestíbulo do Pazo provincial e acompañado polo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño; do piloto e responsable da escudaría AMF Motorsport, Alberto Meira; e do gañador da primeira edición deste certame, Yago Martínez; e a súa copiloto, Melissa Lorenzo; o presidente Luis López informou da principal novidade da segunda edición deste programa: a Deputación vai reforzar o apoio aos pilotos principiantes da provincia que gañen a Copa Dacia Sandero Eco Cup. “O primeiro vai ser Yago Martínez, que vai estar na Copa Clío, e os que veñan despois terán a mesma oportunidade”, anunciou o dirixente provincial.

O patrocinio da Deputación á participación na Copa Clío do Campionato Galego de Rallys pode conseguirse a través de dúas vías. En primeiro lugar, se o becado do programa +Talento Motor consegue o triunfo na Copa Dacia Sandero Eco Cup terá asegurada a súa participación na tempada seguinte na Copa Clío. Por outro, se o triunfador desta categoría ecolóxica, malia non ter participado no +Talento Motor, cumpre os requisitos de ser pontevedrés, principiante e cunha idade comprendida entre os 18 e 24 anos poderá optar tamén ao patrocinio para competir na Copa Clío. Un apoio garantido polo organismo provincial valorado en 12.000 euros que servirá para seguir impulsando a carreira dos pilotos máis prometedores da provincia.

A segunda edición do programa +Talento Motor abrirá o prazo de presentación de solicitudes este xoves 30 de xaneiro. Os interesados terán ata o 19 de febreiro para inscribirse nun programa que terá o día 23 a proba de selección en circuíto da que sairá o gañador, que recibirá como premio o patrocinio para participar no Campionato Galego de Rallys ao volante dun coche ecolóxico rotulado co nome da Deputación para competir na Dacia Sandero Eco Cup, a categoría ecolóxica da principal competición de automobilismo de Galicia.

Esta “academia de pilotos” é un programa pioneiro impulsado polo goberno provincial o pasado ano e que regresa neste 2025 con “enerxías renovadas”, pois o ente provincial incrementa o seu apoio ata os 15.000 euros, 1.000 euros máis que o ano pasado, e mantén a súa colaboración para facilitar a participación en cinco probas do Campionato Galego de Rallys: Rally Mariña Lucense, Rally de Pontevedra, Rally de Ferrol, Rally Comarca do Carballiño e Rally San Froilán; e ofrece o patrocinio adicional de 12.000 euros para participar na categoría da Copa Clio do vindeiro ano se gaña a Copa Dacia Sandero.

Así mesmo, o presidente puxo en valor o labor realizado pola Federación Galega de Automobilismo e a escudaría AMF MotorSport para facer realidade este proxecto “pioneiro” que xa está a dar resultados. “Estamos recollendo uns froitos moi importantes como o traballo en equipo, a visibilidade e promoción da provincia, o fomento dos valores do deporte e o desubrimento dun diamante como Yago Martínez”, concluíu Luis López.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas