Home Pontevedra Baixo Miño Tradición e creatividade listas para unirse no Entroido do Rosal

Tradición e creatividade listas para unirse no Entroido do Rosal

- Anuncio -

O Concello abre ata o 14 de febreiro o prazo de inscrición para o concurso de carrozas, comparsas, entroido tradicional, grupos e disfraces individuais

O desfile será o domingo 2 de marzo ás 11.00 horas

O Rosal prepárase para vivir con tradición e creatividade unha nova festa do Entroido. O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para todas aquelas persoas e colectivos que queiran participar un ano máis no concurso de disfraces e formar parte do desfile que encherá de cor, música e animación as rúas da vila o vindeiro domingo 2 de marzo a partir das 11.00 horas.
Como en cada edición, o desfile percorrerá a rúa Xulio Sesto dende a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco ata o cruce coa Lomba nunha cita na que non faltará o espírito festivo nin a esencia do Entroido tradicional. “Queremos que todo o mundo participe e goce desta festa tan nosa, que combina creatividade, humor e cultura popular”, destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
As persoas e colectivos interesados en participar poderán inscribirse ata o 14 de febreiro no Rexistro do Concello, tanto de xeito presencial como telemático. Como ven sendo habitual, nesta edición haberá cinco categorías con premios para os mellores disfraces: carrozas, que deberán ter un mínimo seis persoas sobre elemento móbil; comparsas, no que participarán como mínimo dez persoas; grupos, formados por entre tres e nove participantes; disfraces individuais, incluíndo parellas; e a especial de Entroido tradicional. En total, repartiranse máis de 3.600 euros en galardóns entre os tres primeiros postos de cada categoría.
Xunto coa solicitude de inscrición deberase achegar unha breve descrición dos disfraces, ademais da documentación correspondente, como a fotocopia do DNI para as persoas participantes, con autorización do ou da representante legal en caso de menores de idade, ou co CIF e DNI da persoa representante en caso de ser asociacións. As persoas que non se inscriban a tempo poderán sumarse ao desfile, pero sen opción a premio.
Dende o Concello “animamos a toda a veciñanza a participar, a encher as rúas do Rosal de fantasía e a manter viva a nosa tradición”, salientou a rexedora. Unha festa que promete, un ano máis, converter O Rosal nun escenario de imaxinación e divertimento para todas as idades.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas