O Club Ciclista de Vilaboa conta xa con 30 deportistas
federados nesta modalidade
O Club Ciclista Val do Ulló arranca no mes de febreiro os adestramentos co grupo de pumptrack, unha disciplina cada vez máis popular entre a poboación máis nova ao combinar diversión e aventura. Jenifer Albar, presidenta da entidade deportiva, anima a nenos e nenas a sumarse a esta divertida especialidade e a mellorar a técnica sobre a bicicleta. Destes adestramentos encargarase Iván García, campión da Copa de Galicia 2024 de Pumptrack e que encontrou nesta disciplina o soporte para aprender a convivir cunha enfermidade, a colitis ulcerosa, que marcou a súa adolescencia e lle ensinou a sufrir.
A bicicleta foi unha gran axuda na vida de Iván García favorecendo unha autoconfianza minada polas limitacións ligadas a unha enfermidade crónica. “Grazas a este deporte conseguín saír dun forte brote de máis de 3 anos. Levo montando en bici desde os 13 e empezar a dedicarme á bicicleta nun plano algo máis profesional deume a motivación para saír adiante. O aprecio dos rapaces que entreno e boa fe de certas persoas tamén me axudaron, pero se a alguén teño que agradecer é a meu pai que é a quen máis unido estou e o meu maior apoio nos peores momentos”.
A colitis ulcerosa, unha enfermidade inflamatoria intestinal crónica, cerráralle portas na súa adolescencia, limitando as súas posibilidades de estudo e de traballo ademáis de deportivas no momento. Sen embargo, o destino tiña outros plans para el.
Iván García quere transmitir a toda a mocidade con calquera tipo de problema que sempre hai alternativas e o deporte, xunto á calidade humana da xente que a rodea, é unha delas. Encontra inspiración en Marcelo Gutiérrez, piloto de descenso que abandonou a competición profesional por ter colitis ulcerosa e dedícase a compartir as súas experiencias e forma de vida tras empezar coa enfermidade. “Coñecer a historia de alguén que admiro e saber que ten o mesmo problema ca min e conseguiu atopar unha boa saída deume certa forza para saír adiante. Visibilizar este tipo de cousas pode significar moito para algunhas persoas.” O pumptrack, unha modalidade ciclista que se practica en circuitos con ondulacións e peraltes e consiste en generar inercia coa bicicleta sen pedalear, converteuse na súa terapia física e emocional. “A carga psicolóxica da enfermidade é tremenda”, admite, “pero cando estás concentrado no seguinte xiro ou tratando de mellorar o teu rendemento, olvidaste de outras cousas”.
O pumptrack, unha modalidade ciclista que se practica en circuitos con ondulacións e peraltes, converteuse na súa terapia física e emocional. “A carga psicolóxica da enfermidade é tremenda”, admite, “pero cando estás concentrado no seguinte xiro, na seguinte curva, todo o demáis desaparece”.
A súa determinación deu frutos extraordinarios. Aos seus 21 anos, e ainda que insiste en que os seus resultados deportivos non o definen, Iván foi en 2023 subcampeón no Campeonato Galicia e na Copa Galicia sub23, e este 2024 campión absoluto de copa e ranking galegos; conseguiu un meritorio segundo posto na clasificación absoluta da Copa de España en Mondariz entre outros bos resultados. Eso sí, lamenta non ter podido asistir a algunha proba pola falta de axudas e infraestructura neste deporte. Hoxe Iván García traballa construíndo circuítos e dando clases técnicas de ciclismo complementando traballos convencionais. A súa historia é testemuña de como o deporte pode ser moito máis que unha competición: unha demostración de que os límites só existen na nosa mente. “Se a miña pequena historia pode axudar a alguén que esté pasando por algo similar, vale a pena”, conclúe cun sorriso, co que anima a afeccionados de todo tipo a probar no pumptrack xa que comezará a impartir novas clases a partir de febreiro a través do Club Ciclista Val do Ulló, que conta xa con 30 deportistas federados nesta disciplina que semanalmente se dan cita no pavillón polideportivo do Toural, á espera de que Vilaboa conte cunha pista propia de pumptrack prevista na Canteira de Paredes.