Home Pontevedra O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52 fronte ao “cinismo” do PP

- Anuncio -

A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía

Aposta como alternativa pola liberación de peaxes da autoestrada AP-9 e tamén da AG-57, titularidade da Xunta, evitando así os graves prexuízos dunha nova autovía en túnel

Alexandra Fernández: “O PSOE conta coa complicidade do Goberno de Rueda, que bendiciu o novo PXOM de Vigo sen poñer ningún reparo á inclusión desta infraestrutura”


O Bloque Nacionalista Galego defendeu este mércores no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52. A fronte nacionalista formulou unha emenda á moción do grupo popular para incluír a demanda ao Goberno español de paralizar o proxecto, executar as melloras pendentes na actual autovía e iniciar a liberación de peaxes na autoestrada AP-9 e tamén na AG-57, titularidade da Xunta, como alternativas ao actual trazado.

“O primeiro de todo é poñer fin a esta infamia da estafa da AP-9 para que a xente poida circular por unha vía segura dende xa, sen ter que agardar anos ou décadas por un túnel”, reclamou a deputada do BNG Alexandra Fernández durante o Pleno do Parlamento galego celebrado este mércores, no que estiveron presentes persoas afectadas polo proxecto convidadas polo Bloque xunto aos portavoces municipais Xabier P. Igrexas (Vigo), Gustavo Barcia (Mos) e Pedro Pereira (O Porriño).


A deputada nacionalista salientou que o tramo da AP-9 que transcorre en paralelo á actual autovía A-55 é o menos transitado da autoestrada, con algo máis de 6 mil vehículos de media por día, mentres que o resto de vías da área viguesa rexistran máis de 60 mil tránsitos cada xornada, sendo os de maior tráfico de toda Galiza. “Xogarse a vida é gratis mentres a alternativa segura está privatizada”, afeou Fernández.

A ampliación non vai resolver o problema

A fronte nacionalista defendeu un novo estudo de alternativas do Ministerio de Transportes que contemple a gratuidade da AP-9 e a mellora das súas conexións coa actual autovía. Do mesmo xeito reclamou á Xunta que libere de peaxes a autoestrada AG-57 entre Vigo e Baiona. Chamou tamén a acometer as melloras pendentes para a transformación da actual A-55, reducindo a súa sinistralidade, así como despregar máis opcións de transporte colectivo para reducir a intensidade do tráfico.

“O proxecto de ampliación da autovía do PSOE non responde aos obxectivos de mellorar a seguridade e a vertebración da área de Vigo”, reprochou a deputada nacionalista, asegurando que suporía duplicar infraestruturas, implicaría graves afeccións sociais e ambientais en zonas poboadas dos concellos de Mos e Vigo, e ademais de problemas de conexión de infraestruturas ao ser imposíbel a súa unión coa AP-9, AG-57 e coa VG-20.

Por iso, asegurou que a ampliación da autovía “rezuma unha falla de visión de conxunto e dunha perspectiva anticuada do que deben ser as infraestruturas”. Así, asegurou que é o PSOE quen quere volver ao pasado con este tipo de proxectos, en resposta as declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusando ás plataformas de afectadas e ao propio BNG de querer “voltar aos carros de bois”.

“O futuro da área de Vigo ten que pasar por unha planificación territorial e das infraestruturas actualizada beneficiosa para todas e todos, para as arcas públicas, para as persoas usuarias das infraestruturas e para as que habitan o territorio”, dixo Fernández.

“Oposición do PP pouco críbel”

A deputada do BNG afeou a proposición formulada polo PP considerando a súa oposición “pouco críbel” e “cargada de cinismo”. Lembrou nese sentido que a propia Xunta gobernada por Alfonso Rueda “bendiciu” esta nova autovía ao non formular reparos nos informes da Axencia Galega de Infraestruturas e da Dirección Xeral de Urbanismo para a súa inclusión no novo PXOM de Vigo.

Do mesmo xeito, lembrou a responsabilidade dos populares de que a AP-9 continúe con peaxes pola prórroga ilegal até o ano 2048 concedida baixo o goberno popular de Aznar. “Son cómplices de non ter feito nada para liberar de peaxes cando menos este tramo, polo risco que supuña a A-55 para as persoas”, remachou Fernández.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas