Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns de euros entre os colectivos veciñais da provincia este 2025

- Anuncio -

O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade de augas de Lalín, con achegas por valor de máis de 140.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado provincial Javier Tourís, o alcalde de Lalín, José Crespo, e a directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, ofreceu un encontro co movemento asociativo e veciñal da vila para informalo sobre as bases dos programas que impulsará esta área da Deputación de Pontevedra durante 2025: Provincia Comunitaria e +Aqua, que repiten trala grande acollida das súas primeiras edicións, e o novo +Novaqua. En conxunto, recibirán un orzamento inicial de 2,4 millóns de euros, un 20% superior. Luis López lembrou que as bases xa están publicadas e os colectivos poden solicitar as axudas, “nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”. O ano pasado beneficiáronse dos programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade de augas de Lalín, con achegas valoradas en máis de 140.000 euros.

Luis López remarcou o bo funcionamento dos programas impulsados o ano pasado: “Era una necesidade e unha conta pendentes da Deputación despois de oito anos ignorando o tecido asociativo, sen plans específicos de axudas para os seus proxectos. Era unha obriga recuperar a colaboración e seguir avanzando na modernización do noso territorio, e estes programas están a ser xa unha figura clave na cohesión e o equilibrio territorial da provincia”. De cara a este ano os programas contan con novidades como a simplificación administrativa dos plans así como a captación de fondos estatais, cos que “somos un referente en España na atención ao movemento veciñal e imos consolidar o noso modelo”.

O Plan Provincia Comunitaria mobilizou 1,6 millóns en 2024 para 170 entidades de 44 concellos. No caso de Lalín foron 14 entidades beneficiarias: Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta, Asociación Veciñal e Cultural San Bartolomeu de Botos, Asociación Veciñal Cultural San Estevo de Cadrón, Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Bendoiro, Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Prado, Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Vilasancho, Asociación de Veciños de Catasos, Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Carqueixa (10.000 € cada unha), Asociación de Veciños de Moneixas (9.958 €), Asociación Veciñal San Román de Santiso (9.908 €), Asociación de Veciños Blarqueiros de Noceda (9.129 €), Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos (8.975 €), Asociación de Veciños A Cacharela (6.773 €) e Asociación de Veciños de San Xoán de Anzo (6.048 €). No caso de +Aqua, cun reparto doutros 1,6 millóns de euros entre 173 comunidades de augas de 33 concellos, a Comunidade de Usuarios de Zarra de Busto obtivo 10.000 €.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas