Home Pontevedra O Concello de Soutomaior impulsa a terceira edición do programa ‘Enredadas’...

O Concello de Soutomaior impulsa a terceira edición do programa ‘Enredadas’ de febreiro a abril deste ano

- Anuncio -

A risoterapia, clases de zumba, de pilates, obradoiros de arte floral e a alimentación saudable, serán as protagonistas desta nova edición de Enredadas. Actividades, todas elas de balde, que se desenvolven en colaboración con seis asociacións do concello de Soutomaior con Vogalía de Muller.

Esta mañá a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a avogada do CIM, Clara Rodríguez, presentaron nesta xornada unha nova edición de Enredadas. Esta terceira edición do programa, ao abeiro da oficina CIM, está impulsada polo concello de Soutomaior dende a concellaría de Igualdade e de Benestar Social e conta coa subvención da Deputación de Pontevedra. Durante os meses de febreiro a xuño, un conxunto de iniciativas e actividades grupais dirixidas a persoas maiores de 60 anos realizadas en colaboración con distintas asociacións veciñais daranse cita no concello. Ademais, naqueles casos nos que as mulleres interesadas en participar pertenzan a colectivos vulnerables (vítimas de violencia de xénero, migrantes, mulleres con mobilidade reducida…), non se terá en conta o criterio de idade.

Os obxectivos de ‘Enredadas’ van desde afastar da soidade a estas mulleres ata traballar o seu autocoñecemento, a autoestima, a asertividade… así como fomentar o aumento do seu grao de empoderamento e a creación ou afianzamento das redes de apoio entre elas. Todas estas sesións terán un transfundo lúdico e traballaranse todos estes conceptos a través de xogos e dinámicas, actividades, exercicios de relaxación, entre outros. En canto á colaboración coas asociacións veciñais, por unha banda inténtase fomentar a vida nos distintos barrios do concello, e por outra facilitar o desprazamento ás mulleres participantes.

As actividades, todas elas de balde, comezarán, na meirande parte,  na primeira quincena de febreiro, e serán de carácter semanal. Así, do 19 de febreiro ao 9 de abril impartirase todos os mércores en horario de 17:00 a 18:30 h. un obradoiro de risoterapia, en colaboración coa Asociación de Veciños de Romariz. O día 17 de febreiro comezarán as clases de pilates en colaboración coa Asociación de Veciños de Moreira que se desenvolverá ata o 7 de abril. Do 19 de febreiro ao 9 de abril será a quenda do obradoiro de Pilates en colaboración coa asociación Oito de Decembro. O día 21 de febreiro ata o 11 de abril a Asociación Veciñal Pozovello contará co obradoiro de risoterapia. A arte floral será, do 18 de febreiro ao 8 de abril, a protagonista do obradoiro que se impartirá coa Asociación de Veciños de Alxán, e a cociña saudable é a temática elixida para desenvolver no obradoiro de Mulleres Rurais Anduriña do 18 de febreiro ao 25 de marzo.

As mulleres interesadas en formar parte destas iniciativas poden inscribirse poñéndose en contacto de xeito directo coa Asociación que imparte a actividade elixida e que colabora cunha nova edición de Enredadas.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas