Home Pontevedra Ramón Villares inaugura en Redondela o Ano Castelao

Ramón Villares inaugura en Redondela o Ano Castelao

- Anuncio -

O Concello de Redondela abriu onte as actividades para conmemorar o Ano Castelao cunha charla do catedrático de Historia Ramón Villares na que participou a alcaldesa, Digna Rivas, e o técnico de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez. Villares puxo de relevo “a entrega total” de Castelao por representar a Galicia e por crear o Consello de Galiza no exilio, do que foi o primeiro presidente. O catedrático afirma que “grazas a este traballo Galicia conta co mesmo recoñecemento que Cataluña e o País Vasco na Constitución do 78”.

Rivas agradeceu a participación de Villares neste acto, e lembrou que Redondela ten “unha especial relación coa figura de Castelao”. O insigne galeguista dá nome á Alameda da Vila, cuxa escultura “foi a primeira de corpo enteiro dedicada a Castelao en todo o mundo”. A alcaldesa puxo de manifesto que Castelao representa “un símbolo do traballo e da loita para conseguir o autogoberno de Galicia”.

Actos Ano Castelao

A seguinte actividade será o venres 21 de febreiro, sobre a traxectoria de Castelao nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista. Será outra conferencia-entrevista a cargo de Emilio Xosé Ínsua, especialista na temática. O 23 de marzo representarse unha peza de teatro infantil titulada “Castelao”, de Culturactiva Producións, no Multiúsos da Xunqueira. En abril, o día 3, celebrarase a conferencia de Diana Vilas sobre “O álbum dos nenos de Castelao”. Nesta charla a escritora e investigadora fará unha aproximación á representación que fai Castelao da infancia. O 30 de maio temos a conferencia de Iria Friné sobre “A cartelaría do Estatuto do 36. Castelao”.

No mes de xuño, o día 4, o Concello colaborará co CEIP Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela), na celebración do aniversario de Alexandre Bóveda, coa participación das fundacións Castelao e Bóveda. Tamén se celebrará un acto de homenaxe ao redor das orixes da escultura de Castelao que preside a alameda. A estatua erixiuse en Redondela en 1987 por subscrición popular.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas