Home A Coruña Unha nova edición da mostra de teatro escolar achega catro funcións ao...

Unha nova edición da mostra de teatro escolar achega catro funcións ao Elma

- Anuncio -

A comunidade educativa da Pobra do Caramiñal asistirá á mostra de teatro escolar que organiza a Concellaría da Cultura, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Son catro funcións que se representarán nos martes e xoves da primeira quincena do mes de febreiro, ás 11.00 horas, co teatro cine Elma como epicentro.

“Seguimos apostando polas artes escénicas dentro da nosa oferta cultural, nesta ocasión, cun ciclo dirixido en exclusiva ás escolas e colexios da nosa localidade. Deste xeito, pasarán polas instalacións do Elma máis de 400 estudantes que, mediante o teatro, se achegarán a temas variados como a integración, o cinema ou a importancia de usa-la lingua galega”, en palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo. Ao seren saídas programadas cos propios centros de ensino, non se require inscrición previa.

Barafunda Animación inaugurará o ciclo no martes 4 con Os ourizos, o musical que contará co alumnado da EEI Fernández Varela e primeiro curso do CEP Salustiano Rey Eiras como público. Trátase dunha obra teatral musical de monicreques que aborda temas como a inclusión, a integración, a amizade e o compañeirismo; todo envolto en referencias á cultura galega, aos seus paisaxes e ao ecoloxismo. A vertente musical está conformada por distintos xéneros como o rock, o pop ou o rap.

No xoves 6 será a quenda de Duende Sico con A mestra da lingua, que terá como espectadores á escola do Monte Carmelo e unitarias da Granxa, do Vilariño e do Campo-A Angustia. É un espectáculo teatral ambientado nunha aula onde a profesora Tomasa explica coa axuda dos seus simpáticos alumnos a importancia de usa-la lingua galega, derrubando así prexuízos e estereotipos lingüísticos mediante xogos, contos, textos de autores infantís galegos, proxeccións e monicreques.

O estudantado do CEP Pilar Maestú Sierra e de segundo curso do CEP Salustiano Rey Eiras acudirá a Cinema Marabillas a cargo de Raquel Queizás, no martes 11. Descubrirán a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas en contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. Achegaranse tamén ao cine mudo, podendo constatar as diferentes maneiras de contar unha historia. Non faltará a aventura, o humor, o misterio, a tenrura, a maxia, a fantasía e, sobre todo, a imaxinación.

Rematará no xoves 13 coa sesión Con lingua propia, da man de Peter Punk Pallaso, na que estarán presentes terceiro, cuarto e quinto curso do CEP Salustiano Rey Eiras. Neste espectáculo, Peter combina as máis variadas técnicas circenses con humor adaptado á realidade e á lingua galegas. Empregando xogos de palabras e concursos lingüísticos, tratará temas como os topónimos da nosa xeografía, as variedades dialectais, os trabalinguas, utensilios de cociña, ferramentas, animais ou cantigas tradicionais.

Relacionadas

López Campos avanza co alcalde de Vilarmaior colaboracións no fomento da lingua galega e...

0
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde do municipio coruñés de Vilarmaior, Carlos...

Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 30 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 30 de xaneiro, ás 19.00 horas, a sesión ordinaria do...

Accidente de tráfico cunha persoa falecida na N-550, á altura do concello de Ordes

0
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos veñen de actuar nestes momentos nun operativo provocado por un accidente de tráfico na N-550, á altura...

Falece unha persoa pola colisión dun tractor e un vehículo na parroquia de San...

0
Os bombeiros do parque provincial de Carballo foron requiridos pasadas as 19:00 horas de onte, xoves 30 de xaneiro, para tomar parte nun operativo...

O humor retranqueiro de Manuel Ángel Méndez Bellón volta a Fene

0
A sala de exposicións temporais do Museo do Humor Xaquín Marín acolle a partir do vindeiro luns a mostra “Olladas en ferro”, do escultor...

A natureza captada por Ramón Encisa chega á casa da cultura pobrense en formato...

0
O obxectivo de Ramón Encisa captura a esencia pura da natureza e chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler. A mostra Fotonatureza está integrada...

Publicacións Relacionadas