Home A Coruña O Concello comezará a vindeira semana traballos de mellora de accesibilidade na...

O Concello comezará a vindeira semana traballos de mellora de accesibilidade na EIM Os Rosales

- Anuncio -

As obras contan cun orzamento de 30.000 euros e inclúen actuacións de mellora na seguridade

O Concello da Coruña comezará este luns traballos de mellora na accesibilidade na Escola Infantil Municipal dos Rosales. Esta actuación, que será executada por Arce Jardinería, ten un orzamento de 30.000 euros e permitirá mellorar a seguridade tanto dos nenos e nenas matriculados no centro como do persoal traballador.

As obras consistirán na realización dun novo percorrido de emerxencia e peche perimetral. Levarase a cabo a construción dunhas novas escaleiras, así como o cambio do peche perimetral metálico. Tamén se instalará unha nova varanda. A actuación forma parte dos compromisos adquiridos polo Goberno de Inés Rey para a mellora da seguridade no centro. O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, visitou as instalacións nos pasados días para expor á dirección do centro o desenvolvemento dos traballos.
“A nosa alcaldesa, Inés Rey, ten un forte compromiso coa mellora, dentro das competencias municipais, dos centros educativos da cidade, como estamos comprobando con numerosas intervencións de mellora e mantemento”, sinalou Juan Ignacio Borrego. Ademais da mellora dos corredores de emerxencia da EIM Os Rosales, o Concello está a executar obras de mellora en outros centros educativos, como no patio do CEIP Ramón de la Sagra ou na pista multideporte do CEIP Víctor López Seoane.

Relacionadas

Incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba-Golmar, no Concello de Laracha

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados dun pequeno incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba – Golmar, no...

Ovidio Rodeiro e Xosé Crespo asinan o irmandamento da Festa da Filloa de Lestedo...

0
O Cocido de Lalín estará presente no xantar oficial da Festa da Filloa o domingo 9 de marzo e a filloa de Lestedo e...

Centos de persoas participaron no Aquarium Finisterrae na Feira de Ciencia Isabel Zendal 

0
O Concello colaborou coa Universidade da Coruña na organización desta iniciativa que chega á súa sétima edición. Profesorado e alumnado da UDC atenderon, ao...

Camariñas acollerá o primeiro evento de cultura ‘friki’ da Costa da Morte

0
● A iniciativa ‘Ponte Friki’, organizada pola Asociación PonteDisfraz en colaboración co Concello, terá lugar o 22 e o 23 de marzo no polideportivo...

Un febreiro de consulta para coñecer a satisfacción da veciñanza de Oleiros co seu...

0
Febreiro será en Oleiros un mes dedicado a recoller a opinión da veciñanza sobre a xestión do municipio grazas a unha enquisa aberta e...

O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola da Bici,...

0
Máis de 300 persoas participaron o ano pasado nesta iniciativa. Case un 60% delas, nenas e nenos O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta...

Publicacións Relacionadas