Home Xunta de Galicia Preto de 1.000 alumnos e docentes amosarán o músculo das ensinanzas artísticas,...

Preto de 1.000 alumnos e docentes amosarán o músculo das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas na terceira edición da feira InnovArt

- Anuncio -

— Celebrarase o 6 e 7 de febreiro no Gaiás e ofrecerá máis de 300 actividades para exhibir o potencial académico e ofrecer asesoramento ao alumnado

— Trátase do maior evento en Galicia de promoción e difusión desta oferta educativa

— Estará aberto á visita de centros educativos de toda Galicia e ao público en xeral

Preto de 1.000 persoas, entre alumnos e docentes, procedentes de 25 centros de ensino amosarán o potencial académico das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que oferta a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na terceira edición da feira InnovArt, que abre o vindeiro xoves as súas portas no Gaiás.
Trátase do maior evento en Galicia de promoción e difusión destas ensinanzas e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música.
A feira, cuxo programa pode consultarse no Portal Educativo, ofrecerá máis de 300 actividades entre obradoiros interactivos, exposicións, actuacións de danza e teatro, concertos e actividades deportivas, que se desenvolverán na vintena de espazos dispostos na feira. Ademais, os estudantes e docentes das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas ofrecerán asesoramento sobre elas aos alumnos que se acheguen desde centros educativos de toda Galicia para visitar a feira.
Ademais de para os centros escolares galegos, o evento estará aberto con entrada gratuíta para o público en xeral. A feira celebrarase no Museo da Cidade da Cultura de Galicia o xoves 6 de febreiro (de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e o venres 7 (de 10 a 14 horas) e contará zona de 4.100 m², distribuída nos andares -1 e 0.
Representación da actividade dos centros
InnovArt ten como obxectivo fomentar entre o alumnado as ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia con mostras de material orixinal a través de actividades expositivas, conferencias e obradoiros nos que o alumnado terá unha participación máis interactiva. Así mesmo, celebraranse concertos de música e actuacións da danza e teatro nos dous escenarios especialmente preparados para a ocasión.

No ámbito das ensinanzas artísticas representarán parte da súa actividade a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo, as catro escolas de arte e superiores de deseño (Pablo Picasso da Coruña, Ramón Falcón de Lugo, Antonio Faílde de Ourense e Mestre Mateo de Santiago de Compostela), a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia de Pontevedra e o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Tamén estarán presentes os sete conservatorios profesionais de música (da Coruña, de Ferrol, de Lugo, de Ourense, de Pontevedra, de Santiago de Compostela e de Vigo) e os dous conservatorios superiores de música, sitos nas cidade herculina e da oliveira.

A feira tamén contará coa participación das escolas oficiais de idiomas de Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. No campo das ensinanzas deportivas, participarán nesta cita cinco centros con ensinanzas deportivas da Consellería de Educación, en concreto os institutos IES Sánchez Cantón (Pontevedra) e IES Río Cabe (Monforte), así como os centros integrados de FP CIFP Universidade Laboral (Culleredo), CIFP A Farixa (Ourense) e CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa).

Relacionadas

A Xunta recorda a Pablo Hinójar como “unha persoa que revolucionou a ximnasia en...

0
_O secretario xeral para o Deporte asiste á I Gala Homenaxe a Pablo Hinójar e recorda que a Xunta entregaralle a Distinción ao Mérito...

Lete Lasa destaca que os máis de 200 premios entregados pola Federación de Ciclismo...

0
Enumera os grandes fitos de 2024 como o ránking elite con dous equipos galegos nos tres primeiros postos, as catro etapas galegas da Vuelta,...

María José Gómez salienta a importancía da Feira do Mel “Alvariza” de Lalín para...

0
A conselleira sinalou que este tipo de celebracións contribúen a impulsar as canles curtas de comercialización e poñer de relevo o comercio de proximidadeLembrou...

A Xunta destaca a posta en marcha de dúas novas Casas do Maior en Fisterra,...

0
Estes dous novos recursos reforzan aínda máis a rede de casas do maior que supera as 140 nas catro provincias galegas O director xeral de...

Centros de Boimorto, Monforte de Lemos e Meaño representarán a Galicia na Fase Nacional...

0
A directora xeral de Innovación Educativa da Xunta participa na entrega de premios deste certame a nivel autonómico, grazas ao que máis de 1.500...

O programa da Xunta ’21 días co galego E +’ arranca a súa sétima...

0
O secretario xeral da Lingua e o director xeral de Centros e Recursos Humanos participan na apertura desta iniciativa, que se estenderá ata o...

Publicacións Relacionadas