Home A Coruña Ovidio Rodeiro e Xosé Crespo asinan o irmandamento da Festa da Filloa...

Ovidio Rodeiro e Xosé Crespo asinan o irmandamento da Festa da Filloa de Lestedo e da Feira do Cocido de Lalín

- Anuncio -

O Cocido de Lalín estará presente no xantar oficial da Festa da Filloa o domingo 9 de marzo e a filloa de Lestedo e os Xenerais da Ulla ofrecerán un atranque na Feira do Cocido o 23 de febreiro

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, asinaron esta mañá o acordo de irmandamento da Festa da Filloa de Lestedo coa Feira do Cocido de Lalín. Unha sinatura que tivo lugar no marco da IV Feira Internacional de Apicultura de Lalín e baixo a atenta mirada da conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez.

Un acto no que participaron o presidente da Asociación Cultural Festa da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; o co-oganizador da feira “Alvariza”, David Liñares; o concelleiro de Turismo de Boqueixón, José Luís Mareque; o seu homólogo de Lalín, Avelino Souto; o director do Agacal, Martín Alemparte; e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, entre outras autoridades.

Irmán maior

Ovidio Rodeiro agradeceu o traballo tanto da Asociación Cultural Festa da Filloa de Lestedo como do Concello de Lalín para a sinatura deste protocolo xa que “hoxe a Festa da Filloa gaña un irmán maior: a primeira festa gastronómica que consegue ser distinguida como de Interese Turístico Internacional. Todo un espello no que mirarse e ao que imitar”.

Así mesmo, puxo en valor os moitos puntos que unen a ambos os dous municipios pois “alguén entendería un Entroido en Galicia sen filloas ou sen cocido? É impensable”, se ben adiantoulles que “aínda que a filloa é unha das sobremesas típicas da Feira do Cocido. Os amigos da Asociación Cultural da Filloa demostraranvos que é moito máis ca un doce. E poderedes degustar maridaxes con produtos do cocido que estou seguro de que vos sorprenderán”. Ademais citou como outro nexo común ao escritor Álvaro Cunqueiro, primeiro pregoeiro da Feira do Cocido, “que elevou á categoría de sacramento o Cocido de Lalín e quen dicía que non se debía autorizar a ningún restaurante a chamarse galego, se antes non aprobaba o exame da filloa”.

Convite o 9 de marzo

Pola súa banda, José Manuel Canabal aproveitou para agradecer a colaboración de ambos Concellos na sinatura deste irmandamento e aproveitou para convidar a todos os presentes a achegarse por Lestedo o domingo 9 de marzo “e desfrutar connosco da Festa da Filloa, que este ano como gran novidade terá unha degustación de Cocido de Lalín”. Canabal tamén puxo en valor o traballo e implicación dos 220 integrantes da asociación cultural que preside “non so o Domingo de Piñata, facendo quendas nas máquinas filloeiras e nos distintos stands; senón tamén nas diferentes actividades que programamos durante os meses anteriores. Porque o éxito da Festa da Filloa está na implicación parroquial dos veciños e veciñas de Lestedo”.

O alcalde de Lalín salientou que a feira de apicultura “abre as portas á 57ª Feira do Cocido que este ano incorpora unha importante novidade como é o irmanamento da Feira do Cocido coa Festa da Filloa de Lestedo que vimos de asinar este mediodía en Alvariza e que agardamos consolidalo no tempo”. Así mesmo, Crespo salientou que para visibilizar este irmandamento “desenvolveuse este mediodía un showcooking con distintas elaboracións da Filloa de Lestedo e ademais os Xenerais da Ulla, que son unha parte esencial da Festa da Filloa, estarán presentes no desfile da Feira do Cocido o 23 de febreiro. E Lestedo, no seu día grande da Filloa, o domingo 9 de marzo, preparará un Cocido de Lalín como menú principal do seu xantar oficial”.

Finalmente, a conselleira do Medio Rural puxo en valor os produtos galegos e a necesidade de promover o consumo de produtos quilómetro cero, que contribúen a recoñecer o bo facer dos produtores locais e facilitar unha boa relación entre consumidores e produtores.

Showcooking

E é que, ademais da sinatura do irmandamento, a Filloa de Lestedo estivo presente na IV Feira Internacional de Apicultura de Lalín. En primeiro lugar, da man de Isabel Tejo e Liliana Voicu, dúas mestras filloeiras que estiveron dende as 9:00 horas preparando filloas para seren degustadas de balde polos centos de persoas que asistiron á feira durante a mañá.

A maiores, o chef José Manuel Mallón elaborou unha tarta de filloas de Lestedo con Boqueixo, que maridou con marmeladas e mel e que repartiu entre os asistentes á feira e, sobre todo, entre a rapazada que asistiu ao acto de entrega dos premios do concurso de debuxo da Feira. Unha vez rematado o acto de sinatura do irmandamento, Mallón impartiu un showcooking para medio cento de persoas para poñer en valor a filloa como prato salgado. As persoas asistentes degustaron un steak tartar de tenreira galega sobre filloa frita, unha filloa de lacón deshidratado con costela a baixa temperatura e a devandita tarta de filloas con Boqueixo.

Relacionadas

Incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba-Golmar, no Concello de Laracha

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados dun pequeno incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba – Golmar, no...

Centos de persoas participaron no Aquarium Finisterrae na Feira de Ciencia Isabel Zendal 

0
O Concello colaborou coa Universidade da Coruña na organización desta iniciativa que chega á súa sétima edición. Profesorado e alumnado da UDC atenderon, ao...

Camariñas acollerá o primeiro evento de cultura ‘friki’ da Costa da Morte

0
● A iniciativa ‘Ponte Friki’, organizada pola Asociación PonteDisfraz en colaboración co Concello, terá lugar o 22 e o 23 de marzo no polideportivo...

Un febreiro de consulta para coñecer a satisfacción da veciñanza de Oleiros co seu...

0
Febreiro será en Oleiros un mes dedicado a recoller a opinión da veciñanza sobre a xestión do municipio grazas a unha enquisa aberta e...

O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola da Bici,...

0
Máis de 300 persoas participaron o ano pasado nesta iniciativa. Case un 60% delas, nenas e nenos O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta...

O Concello comezará a vindeira semana traballos de mellora de accesibilidade na EIM Os...

0
As obras contan cun orzamento de 30.000 euros e inclúen actuacións de mellora na seguridade O Concello da Coruña comezará este luns traballos de mellora...

Publicacións Relacionadas