O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra no acto de entrega de trofeos e medallas e na clausura do Campionato Galego Absoluto e Veterano de Grappling-Gi. A cita tratouse dunha proba clasificatoria para participar nos campionatos de España desta modalidade e nela participaron deportistas de toda a xeografía galega.