O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra á I Gala Homenaxe Pablo Hinojar, un evento organizado polo Club Burgas e a Federación Galega de Ximnasia para celebrar a vida e o legado dunha figura imprescindible no mundo deste deporte e a quen Domínguez definiu como “un home que con esforzo e dedicación, pero tamén moito cariño, foi quen de converterse nunha das figuras máis emblemáticas non soamente desta cidade ou de Galicia, senón de España e do mundo no ámbito da ximnasia acrobática”.
A gala contou con actuacións de ximnasia acrobática e trampolín, protagonizadas por ximnastas de nivel nacional e internacional, que quixeron render o seu particular homenaxe e resaltar a Pablo Hinojar, ademais de fomentar a unión e o desfrute da ximnasia como unha disciplina que inspira e transforma vidas.