Home A Coruña Neda contará cunha axuda provincial de 40.000 euros para activar o seu...

Neda contará cunha axuda provincial de 40.000 euros para activar o seu programa de integración laboral

- Anuncio -

O Concello de Neda reeditará ao longo do 2025, coa colaboración da Deputación da Coruña, o seu programa de integración laboral. O obxectivo da iniciativa é incorporar ao mercado de traballo a veciños/as inscritos/as como demandantes de emprego, con especiais dificultades de inserción laboral e, ao tempo, impulsar a realización de obras de interese xeral no municipio.

Con cargo a unha axuda de 40.000 euros, concedida no marco do Plan de Emprego Local (PEL Concellos), Neda dotarase dunha cuadrilla de albaneis para desenvolver actuacións relacionadas coa mellora das vías públicas e dos accesos a núcleos de poboación e a posta a punto da rede de sumidoiros.

O programa irá destinado fomentar o emprego mediante a contratación temporal de persoal para a realización de servizos básicos e esenciais. En total, serán cinco persoas as que se incorporarán temporalmente ao cadro de persoal do Concello, paliando durante uns meses a falta de operarios municipais. Como nos últimos anos, os albaneis ocuparanse de realizar pequenas obras de reparación e mantemento.

Relacionadas

Inés Rey destaca a colaboración interadministrativa como modelo para impulsar “iniciativas do calado de...

0
A alcaldesa da Coruña participou esta mañá na visita ás obras da conexión ferroviaria co porto exterior, que avanzan agora co cale do túnel...

Aberto ata o 26 de marzo o prazo para participar no XXVII Certame Fotográfico...

0
Repartiranse máis de 3.000 euros en premios agrupados en catro categorías Cartaz Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís 2025A Concellaría de Cultura abre até o 26...

O espectáculo de ‘Bian Lian’, da Ópera de Sichuan, chega á Coruña da man...

0
· Trátase dunha arte dramática moi popular e tradicional en China que consiste en que os intérpretes cambian a unha velocidade de vertixe unha...

Dúas novas xornadas enmarcadas no Programa Acelera Pyme para impulsar a protección legal e...

0
• A primeira xornada, “Medidas legais para protexer o meu negocio en internet” será o 11 de febreiro, a partir das 10:00 horas • A...

O PP de Culleredo denuncia a falta de investimento en saneamento para o rural

0
∙ Os populares esixen “que se actúe dunha vez por todas, o rural merece respostas e solucións xa”. ∙ A líder popular, Izaskun García, sentenza:...

Miño, sede do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16

0
O Campo Municipal de Gallamonde acollerá encontros crave do torneo nacional de fútbol basee. O Concello de Miño anuncia que o municipio será unha das...

Publicacións Relacionadas