Home Ourense O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio...

O Concello instala na rúa do Paseo a escultura Desxeo, de Julio Nieto, que pretende sensibilizar a cidadanía acerca dos efectos do cambio climático

- Anuncio -

O alcalde, a concelleira de Artes e o artista ourensán asistiron esta mañá á presentación da obra, que estará xunto á Sala Valente até o 17 de marzo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco e o escultor ourensán Julio Nieto, asistiron esta mañá á presentación de Desxeo, unha instalación de escultura que pretende promover unha reflexión e sensibilizar acerca do cambio climático. A obra foi colocada polo Concello na rúa do Paseo, xunto á Sala Valente, onde permanecerá até o día 17 de marzo.

Cunha altura de 2,70 metros, a escultura ocupa un espazo de 2×4 metros, e suxire o  momento no que un iceberg se fragmenta. Está construída en aceiro inoxidable e, en palabras do seu autor, “nace con vocación de converterse nun faro de nova conciencia. Unha conciencia comprometida coa súa contorna que se esforza en visibilizar o delicado equilibrio dos ecosistemas e a necesidade imperiosa de reflexión e actuación para converter en sostible a nosa presenza no planeta”.  Desxeo conciencia sobre a realidade do cambio climático e convida á reflexión persoal sobre os costumes adquiridos que nos desconectan desta conciencia global. Unha mensaxe dirixida a todo tipo de públicos, polo que se elixiu a rúa como espazo expositivo. Un código QR permite abrir un arquivo no móbil e escoitar o verdadeiro son do derretemento dos glaciares. A escultura foi construída na cidade, o obradoiro de Aceiros Argimiro, na rúa dos Remedios, no barrio do Couto, ao longo do último ano.

Julio Nieto (1964) obtén o seu título de bacharel no Instituto de Iurreta. Fórmase como mestre industrial FP2 e empeza a desenvolver unha formación artística autodidacta. Realiza as primeiras exposicións no País Vasco e aos 22 anos trasládase a Tenerife onde exerce como profesor de cerámica. Alí produciu a maioría das súas obras, mais seguindo sempre moi vencellado á cidade de Ourense. Cunha clara vocación multidisciplinar, desenvolve as súas creacións en distintos campos combinando a poesía coa materia, cunha especial sensibilidade pola escultura ao aire libre. Ten realizado numerosas exposicións en cidades españolas, entre elas unha espectacular no Auditorio de Ourense formada por unha vintena de pezas de aceiro en 2010, e participado en mostras de Arte en España, Alemaña, Francia, Italia e EEUU.

Relacionadas

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O carril bus da rúa Curros Enríquez estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

0
O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar o deporte...

0
O presidente provincial, Luis Menor, reivindicou na presentación da área social do Clube Ourense Baloncesto un “paso fundamental” en materia de inclusión social a...

A Deputación divulga a cultura popular a través da revista Raigame, cun número no...

0
O vicepresidente 2º e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta publicación que en 1995 xurdiu para continuar o magnífico traballo etnográfico...

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes...

0
― Proseguirán as tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Ordes, Ribadavia, Ourense, Moaña...

O PP esixirá ao Goberno de Sánchez dende o Senado impulsar a autovía A-56...

0
Barreiro advirte que “esta autovía leva anos paralizada polo Goberno de Sánchez”; xa que “só está en funcionamento un pequeno tramo na provincia de...

Publicacións Relacionadas